Pablo Iglesias convida a Pedro Sánchez a escoller entre Podemos e Ciudadanos e afirma que a formación que lidera e a de Rivera son "incompatibles" nun Goberno. "Estou convencido de que tanto as bases coma os votantes do PSOE prefiren que se entendan con nós que con Ciudadanos", engadiu.
