Búscase a Palabra do Ano, pero tamén hai quen anda á procura do neoloxismo do 2016. A votación aínda está aberta nesta ligazón

Búscase a Palabra do Ano, pero tamén hai quen anda á procura do neoloxismo do 2016. A votación aínda está aberta nesta ligazón
Abel Caballero manterá un encontro "de cortesía" con Xulio Ferreiro na súa visita á Coruña para a inauguración do retrato do ex-alcalde Francisco Vázquez no Pazo de María Pita. Detállao La Opinión de A Coruña.
Entidades políticas e sociais catalás únense para apoiar a Carme Forcadell, presidenta do Parlament, que hoxe declara como investigada por permitir un debate sobre a autodeterminación que o Tribunal Constitucional esixira prohibir. Cóntao Catalunya Plural
O director de Informe Semanal acusa o Consello de Informativos de TVE de "usar a linguaxe de ETA" por se referir ao "cesamento da violencia" da banda.
O Supremo arquiva a causa contra o ex-ministro Fernández Díaz por conspirar contra rivais políticos. Apóiase nun informe da Fiscalía que debulla eldiario.es
A Xunta amplía o negocio do xogo ás apostas en todo tipo de bares e locais. Detállao Faro de Vigo. Nos últimos anos o Goberno galego mudou a normativa para permitir abrir máis casinos.
A CRUE forza o reitor da Universidad Rey Juan Carlos a dimitir como vogal polos seus repetidos plaxios, revelados nas últimas semanas por varios medios de comunicación.
O pleno de Santiago aproba, cos votos de Compostela Aberta e BNG, a constitución da Comisión Técnica que abrirá o proceso para remunicipalizar o servizo da ORA e o guindastre
Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández clausuran este xoves o Ano Manuel María co concerto A música amorosa das palabras no Teatro Colón da Coruña, ás 20:00 con entrada de balde
Irmandade, eleccións, alburgada, porcoril, populismo e xenofobia; candidatas a seren a Palabra do Ano 2016 no Portal das Palabras da RAG. A votación estará aberta ata o vindeiro día 22 e pódese participar dende esta ligazón