O Tribunal Supremo dá dez días de prazo para que se execute a sentenza do pasado xullo que lle ordena ao Ministerio de Medio Ambiente abrir un expediente de caducidade da concesión de Ence na ría de Pontevedra, que podería estenderse durante varios anos. A entidade Salvemos Pontevedra recorreu aos tribunais hai anos para revisar as concesións na zona marítimo terrestre de Lourizán.
Fálase
As provincias de Ourense e Pontevedra están hoxe en alerta laranxa por chuvias, segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias
O CD Lugo queda eliminado da Copa do Rei tras empatar sen goles ante o Betis e caer 4-5 na quenda de penaltis.
A suma de PSOE, Podemos e IU superaría o PP en escanos no Congreso, segundo unha enquisa que hoxe publica El Diario. O inquérito indica que os conservadores perderían case 50 escanos e os socialistas, uns 20, mentres que a formación de Pablo Iglesias irrompería con entre 42 e 51. O estudo dálle ao BNG entre 1 e dous escanos.
Un concelleiro do goberno de Madrid bota unha alto cargo por ter un fillo co argumento de que precisa "máximo rendemento", segundo recolle El País
O PP advirte, a través de Paula Prado, de que "non vai renunciar" á reforma electoral municipal. Esta modificación, que o Goberno central dá por aparcada ata despois dos comicios de maio, implicaría ilegalizar os gobernos locais de coalición.
O Goberno central cre útil que as autonomías suban impostos para dispoñeren de máis recursos económicos. Así llo indica á Comisión Europea. Cóntao Faro de Vigo
A Fiscalía recorrerá o arquivo do caso de presunta corrupción en Castro de Rei, decidido pola Audiencia de Lugo a causa da "nulidade das actuacións", o mesmo que aconteceu co caso das multas. Recólleo La Voz
Imputan por presuntas adopcións irregulares unha monxa e persoal da Xunta. Cóntao El País
Unha concentración pide en Vigo que o Concello acate a sentenza do TSXG e derrube o monumento franquista da Cruz do Castro. Imaxe: @aljo_farias