O PP advirte, a través de Paula Prado, de que "non vai renunciar" á reforma electoral municipal. Esta modificación, que o Goberno central dá por aparcada ata despois dos comicios de maio, implicaría ilegalizar os gobernos locais de coalición.
Fálase
O Goberno central cre útil que as autonomías suban impostos para dispoñeren de máis recursos económicos. Así llo indica á Comisión Europea. Cóntao Faro de Vigo
A Fiscalía recorrerá o arquivo do caso de presunta corrupción en Castro de Rei, decidido pola Audiencia de Lugo a causa da "nulidade das actuacións", o mesmo que aconteceu co caso das multas. Recólleo La Voz
Imputan por presuntas adopcións irregulares unha monxa e persoal da Xunta. Cóntao El País
Unha concentración pide en Vigo que o Concello acate a sentenza do TSXG e derrube o monumento franquista da Cruz do Castro. Imaxe: @aljo_farias
Android xa está dispoñible en galego. A iniciativa #AndroidEnGalego, nacida hai un ano, acadou o seu obxectivo, coa inclusión do galego na recén presentada nova versión de Android, Android 5.0 Lollipop. Os desenvolvedores terano agora moito máis doado para adaptar as súas aplicacións á nosa lingua, e tamén para os usuarios será máis fácil escollera opción de galego
Almunia insiste en que non hai "veto ningún" ao dique flotante e que o Estado só fixo "unha consulta informal". Ratificoullo á deputada Yolanda Díaz nunha xuntanza en Bruxelas.
Os franceses e francesas terán axudas por ir ao seu traballo en bicicleta. O proxecto de Transición Enerxética, aprobado pola Asemblea Nacional, tamén obrigará as empresas de máis de 100 traballadores a promovore o transporte público.
La Marea repasa algúns dos estudos e análises recentes que sinalan as vantaxes e a maior eficiencia da xestión pública fronte a xestión privada, en distintos ámbitos, coma a banca, a sanidade ou os servizos públicos
A Generalitat publica un novo anuncio publicitario para a consulta alternativa do 9-N, no que solicita o apoio de voluntarios.