Almunia insiste en que non hai "veto ningún" ao dique flotante e que o Estado só fixo "unha consulta informal". Ratificoullo á deputada Yolanda Díaz nunha xuntanza en Bruxelas.
Fálase
Os franceses e francesas terán axudas por ir ao seu traballo en bicicleta. O proxecto de Transición Enerxética, aprobado pola Asemblea Nacional, tamén obrigará as empresas de máis de 100 traballadores a promovore o transporte público.
La Marea repasa algúns dos estudos e análises recentes que sinalan as vantaxes e a maior eficiencia da xestión pública fronte a xestión privada, en distintos ámbitos, coma a banca, a sanidade ou os servizos públicos
A Generalitat publica un novo anuncio publicitario para a consulta alternativa do 9-N, no que solicita o apoio de voluntarios.
Detidas 7 persoas por suposta fraude de 20 millóns de euros en subvencións. A operación Zeta recolle as dilixencias iniciadas hai dous anos polo Xulgado de Instrución número 6 da Coruña por irregularidades no uso de fondos públicos por Azetanet e Fundefo, ligadas ao empresario coruñés Gerardo Crespo. Máis información, esta tarde en Praza.
Xa está á venda na plataforma Meubook De Beiras a Podemos, o libro asinado por Anxo Lugilde e editado por Praza Pública
A Acampada da Dignidade, que esixe unha máis rápida resolución das axudas de emerxencia social de Xunta e Concello, decidiu instalarse ao pé da Cruz do Castro, despois de que o pasado 30 de setembro fora desaloxada de Montero Ríos polas forzas antidisturbios. A Cruz do Castro será escenario, este mércores 15, dunha concentración que pedirá que se execute a sentenza xudicial que esixe o derrube deste monumento fascista.
Mudanzas Félix ofrécelle ao Ateneo Ferrolán un prazo dun ano para pagar a débeda de 39 mil euros fixada pola recente sentenza xudicial. A entidade disporía así de tempo para demandar xudicialmente o Concello. A empresa de mudanzas devolvería unha parte do patrimonio do Ateneo e quedaría co resto.
Touriño cre que o PSOE "abonará o terreo ao populismo se non lidera a rexeneración". Asegúrao nunha entrevista ao Faro de Vigo.
Toda a oposición rexeita o candidato do PP para presidir RTVE. A reforma legal impulsada polos conservadores no inicio da lexislatura permitirá que José Antonio Sánchez, ex dirixente de TeleMadrid, saia elixido. só cos seus votos o vindeiro xoves.