Greenpeace levou a cabo esta noite unha singular pegada de carteis electorais en Madrid, cuns Mariano Rajoy, Pablo Iglesias, Albert Rivera, Pedro Sánchez e Alberto Garzón de nove anos, instando os candidatos reais a protexer o medio ambiente.
Fálase
Mariano Rajoy vende o discurso da "recuperación" nunha entrevista en TVE cualificada de "mecánica e encorsetada", que incluiu unha ducia de preguntas gravadas de cidadáns e cidadás. Durante a entrevista referiuse a que estivo recentemente "en Órdenes, en La Coruña".
Os drones do Exército español xa son aptos para operar no espazo aéreo europeo, despois das probas realizadas o mes pasado no aeródromo de Rozas.
A Policía Nacional rexistra a casa de Jordi Pujol e outras 13 localizacións na operación que investiga as actividades empresariais de tres dos seus fillos.
El Diario debulla os detalles do informe da OMS sobre os riscos canceríxenos na carne procesada e nas carnes vermellas, provocados polo composto químico N-nitroso
A Coruña acollerá o 20 e 21 de novembro o Foro de Deseño FEED 2015, organizado pola Asociación Galega de Deseñadores (DAG) e que tratará o deseño de código aberto, o deseño social e distintos aspectos do deseño web.
O alcalde de Ferrol rexeita a moción de Ciudadanos para que o galego deixe de ser oficial no Concello. Jorge Suárez cre "fóra de lugar" a proposta de C's e lembra que a ordenanza de normalización foi aprobada "por unanimidade". Cóntao Ferrol360.
A Audiencia de Madrid ratifica a liberdade dos presuntos asasinos de Jimmy, ultra do Deportivo asasinado hai case un ano. Máis información, hoxe en Praza.
O Ministerio de Xustiza rexeita por estar en galego unha queixa da Marcha Mundial das Mulleres. Como recolle Faro de Vigo, o escrito da organización feminista referíase ao asasinato de Isabel Fuentes, a muller á que matou o seu marido no hospital de Ourense.
Falece, aos 86 anos de idade, José María Pardo Montero, presidente de Caixa Rural Galega. Pardo Montero foi deputado nas Cortes Constituíntes, conselleiro na Xunta preautonómica e deputado autonómico.