A Coruña acollerá o 20 e 21 de novembro o Foro de Deseño FEED 2015, organizado pola Asociación Galega de Deseñadores (DAG) e que tratará o deseño de código aberto, o deseño social e distintos aspectos do deseño web.
Fálase
O alcalde de Ferrol rexeita a moción de Ciudadanos para que o galego deixe de ser oficial no Concello. Jorge Suárez cre "fóra de lugar" a proposta de C's e lembra que a ordenanza de normalización foi aprobada "por unanimidade". Cóntao Ferrol360.
A Audiencia de Madrid ratifica a liberdade dos presuntos asasinos de Jimmy, ultra do Deportivo asasinado hai case un ano. Máis información, hoxe en Praza.
O Ministerio de Xustiza rexeita por estar en galego unha queixa da Marcha Mundial das Mulleres. Como recolle Faro de Vigo, o escrito da organización feminista referíase ao asasinato de Isabel Fuentes, a muller á que matou o seu marido no hospital de Ourense.
Falece, aos 86 anos de idade, José María Pardo Montero, presidente de Caixa Rural Galega. Pardo Montero foi deputado nas Cortes Constituíntes, conselleiro na Xunta preautonómica e deputado autonómico.
O PSOE anuncia que apoiará a proposta de renda social do Goberno municipal da Coruña, o que garantiría a súa aprobación no pleno. A renda social achegará unha axuda mensual de 532 euros para facer fronte aos pagamentos de subministros e servizos das persoas sen recursos. En 2016 destinaranse 3 millóns de euros, que atenderán a entre 500 e 1000 familias.
Inaugurouse en Vigo o primeiro ascensor urbano, que une Camelias e Menéndez Pelayo, cun custe de medio millón de euros.
Daniel Scioli, o candidato kirchnerista, non consegue gañar as eleccións arxentinas na primeira volta e practicamente empata (36,3% fronte a 34,7%) co conservador Mauricio Macri, co que disputará a segunda volta dos comicios, o 22 de novembro. Macri convértese agora no favorito.
Eldiario.es publica todos os detalles sobre como conseguiu a confesión de Francisco Correa, e tamén os SMS do principal imputado da Gürtel, intentando que o xornal non contase esta información. Correa ofreceu unha noticia sobre unha persoa importante a cambio da non publicación.
Unha nova Andaina pola Fracha protesta contra o proxecto da A-57 e o prexuízo medioambiental e social que pode producir o seu trazado nesta paraxe. A Audiencia Nacional debe aínda responder á petición da plataforma Salvemos A Fracha de que se paralicen de forma cautelar os traballos