Daniel Scioli, o candidato kirchnerista, non consegue gañar as eleccións arxentinas na primeira volta e practicamente empata (36,3% fronte a 34,7%) co conservador Mauricio Macri, co que disputará a segunda volta dos comicios, o 22 de novembro. Macri convértese agora no favorito.
Fálase
Eldiario.es publica todos os detalles sobre como conseguiu a confesión de Francisco Correa, e tamén os SMS do principal imputado da Gürtel, intentando que o xornal non contase esta información. Correa ofreceu unha noticia sobre unha persoa importante a cambio da non publicación.
Unha nova Andaina pola Fracha protesta contra o proxecto da A-57 e o prexuízo medioambiental e social que pode producir o seu trazado nesta paraxe. A Audiencia Nacional debe aínda responder á petición da plataforma Salvemos A Fracha de que se paralicen de forma cautelar os traballos
A estatua do Che Guevara en Oleiros aparece pintada horas antes da homenaxe desta tarde. A palabra "asesino" con letras vermellas apareceu no monumento dedicado ao guerrilleiro arxentino, do que se cumpren 48 anos do seu asasinato.
Galicia é a terceira comunidade que máis impugnacións ás súas leis recibe do Estado. Desde 1980, os distintos executivos centrais presentaron 44 recursos contra as normas dos gobernos galegos.
Besteiro cre que "a xuíza non quere recoñecer un erro e quere cargarse un candidato". O secretario xeral do PSdeG asegura que a súa imputación "non pode prolongarse" porque, senón, "alguén terá que explicalo". Fala nunha entrevista no Faro de Vigo.
O Celta cae ante ao Madrid (1-3) malia o seu gran partido. O Deportivo perde en Málaga (2-0) na súa peor actuación da tempada.
Un ataque á rede de R deixou sen internet a milleiros de galegos durante varias horas. Os problemas impediron acceder ás webs e navegar con normalidade.
Compromiso por Galicia decide non concorrer ás xerais e dá liberdade á súa militancia para apoiar unha ou outra candidatura. Así o decidiu a formación nunha convención celebrada este sábado. Máis información, hoxe en Praza.
Detida a ex parella da muller asasinada en Pontevedra. É o "principal sospeitoso do asasinato", segundo a Garda Civil, que detivo o presunto asasino en Pontesampaio.