Praza Pública non se actualiza as fins de semana de agosto por descanso do persoal. Lémonos o luns!

Praza Pública non se actualiza as fins de semana de agosto por descanso do persoal. Lémonos o luns!
A bandeira dos EUA volve ondear en Cuba 54 anos despois. O secretario de Estado, John Kerry, realiza unha visita histórica á illa.
Rajoy: "Feijóo é o mellor candidato para presidir a Xunta en 2016". O xefe do Executivo central quere que o actual presidente repita como candidato do PP.
O Concello da Coruña carga contra a campaña da Oktober Fest, que "utiliza a imaxe da muller como reclamo sexual". A Concellería de Igualdade amosa o seu "descontento" pola publicidade do evento, que se celebra en terreos da Autoridade Portuaria.
O Concello da Coruña medita paralizar as polémicas obras da Mariña ante a falta de licenza.
Desenvólvese xa o pleno no que se prevé a moción de censura contra o alcalde do BNG en Boimorto, que fala de "fraude de lei" e acusa o PP de "amparar o transfuguismo". Máis información, hoxe en Praza.
Fernández Díaz asegura que se reuniu con Rato para tratar a súa seguridade persoal. O ministro di non entender as críticas pola súa xuntanza co ex ministro, agora imputado.
Grecia aproba cunha ampla maioría o terceiro plan de rescate. Parte de Syriza desmarcouse dun acordo ao que si se sumou a oposición (222 votos favorables, 64 en contra, 11 abstencións e 3 ausencias nunha Cámara con 300 deputados).
A LOMCE aplicarase este curso pero o Goberno central suspende as reválidas en Secundaria e Bacharelato ante a perda de poder autonómico por parte do PP o 24M.
O cerco protesta en Vigo tirando anchoa e esixe subir a cota polo menos 500 toneladas. Un cento de mariñeiros botaron fóra 300 quilos da especie.