A representación galega no Consello de Estudantes Universitarios do Estado, formada pola Liga Estudantil Galega, Comités e IESGA, planta ao ministro de Educación, José Ignacio Wert, en protesta polos "brutais recortes".
Fálase
Comezan no Estado as manifestacións contra os recortes do Goberno. As rúas de Bilbao xa están ateigadas de xente. Imaxe de @joseanprado
O Boletín Oficial do Estado publica hoxe dúas páxinas con correccións de erros no decreto de recortes, que hoxe mesmo foi aprobado no Congreso. Entre os cambios introducidos, destaca que a tesoirada ás baixas por enfermidade do persoal público pasa de temporal a permanente.
Unha planta do hospital Meixoeiro de Vigo, pechada por aspergillus. Cóntao El País.
Alemaña aproba o rescate á banca española con ampla maioría. (473 votos a favor, 97 en contra e 13 abstencións).
Os mercados non dan tregua. A prima de risco pecha en 580 puntos, o bono no 7% e o Ibex con subas do 0,6% o día no que o Congreso validou os duros recorteso do Goberno.
O PP gábase en Twitter de que Feijóo cobra "menos que Pachi Vázquez cando era conselleiro"
A Xunta celebra mañá un Consello extraordinario para aprobar a aplicación en Galicia dos recortes aos empregados públicos. Ao contrario do que é habitual, tras esa xuntanza non haberá unha comparecencia de Alberto Núñez Feijóo ante a prensa.
O Congreso acaba de aprobar o último paquete de recortes do Goberno co único apoio do PP. 180 votos a favor, 131 en contra e unha abstención. Os deputados de Amaiur, ERC, BNG e Izquierda Plural marcharon do hemiciclo durante a votación. Máis información, esta tarde en Praza.
As concentracións de persoal público desta mañá producíronse tamén na sede da CRTVG, que protestaron "contra os recortes aprobados polo Goberno e en solidariedade cos traballadores e traballadoras afectados por un ERE" na televisión valenciana.