Dimite Conde Roa. "Presentarei hoxe a miña dimisión como alcalde de Santiago", di en rolda de prensa o aínda rexedor, que cre que "é o mellor" para a súa familia "dada a situación procesual" na que se atopa.
Fálase
A confianza do investidor en España caeu a mínimos históricos no primeiro trimestre do ano ao situarse en -3,86 puntos, superando os niveis máis baixos de 2008, tal e como aclara a enquisa elaborada por JP Morgan.
O Universidade de Vigo Iveco acadou a permanencia na División de Honra, malia a perder fronte ao VRAC Quesos Entrepinares, grazas a un punto bonus
O xuíz Vázquez Taín notifícalles ás partes a imputación formal do alcalde de Santiago. O concello compostelán confirma que Conde Roa comparecerá ante os medios ás 12 da mañá.
Esta mañá o ministro de Educación, José Ignacio Wert, exponlles ás autonomías o seu plan para recortar 3.000 millóns. Dáse por feito que subirá a ratio de alumnado por aula e as taxas universitarias e vense perigar as interinidades. Na Cadena SER.
Sogama adxudícalle a un despacho de avogados un servizo de "prevención de imputacións delitivas". Vén de facelo a través dun procedemento negociado sen publicidade por 50.000 euros máis IVE. Aquí, algúns detalles.
A débeda dos clubes de fútbol de Primeira división xa duplica os seus ingresos. En La Información.
O rei Juan Carlos, cliente preferente dun fabricante de armas de luxo de Italia. Cóntao Vilaweb.
A prima de risco sitúase en 438,3 puntos básicos, cun interese superior ao 6%, logo de iniciar á sesión en 426,2 euros.
O "complexo ataque" dos talibáns "lanza unha mensaxe" a Occidente, segundo o New York Times.