Aprobada finalmente a Normativa de Permanencia da USC. O Consello Social da Universidade de Santiago aprobou a polémica normativa, que conta co rexeitamento de organizacións estudantís, de mestres e PAS.
Fálase
O portal Infojobs recolle unha oferta a nome de "Cidade da Cultura de Galicia" para ser "superfan de Björk" no concerto que a cantante islandesa ofrecerá no Gaiás. Os labores serán "cumprir coa axenda de visitas" e "enviar fotos, twittear e colgar posts en Facebook coa actividade do concerto". Entre os requisitos figura "estar desempregado".
A xefa de Costas de Pontevedra considera "unha canallada" a sanción contra o ex candidato do PP en Pontevedra, Telmo Martín, por construír sobre o dominio público marítimo terrestre. "Todo o mundo foi contra o pobre Telmo", di Cristina Paz-Curbera. Cóntao 20 Minutos. A Xunta xa lle retirou a Martín a multa, de 3 millóns de euros.
Mariano Rajoy pide xa abertamente "unha integración fiscal e unha unión bancaria con eurobonos" en Europa. Mentres, o G-7 recoñece que analiza xa as posibilidades desa maior integración.
Os escoltas de Rajoy impiden, dentro do hemiciclo do Senado, que un senador do PSOE lle entregue un casco de mineiro para simbolizar as protestas dos traballadores asturianos. En El País
O candidato do BNG á Xunta e voceiro da formación no Congreso, Francisco Jorquera, lamenta que se continúe a "sacralizar a realeza" co rexeitamento da comisión de investigación sobre a Casa Real, solicitada polo Bloque xunto a Esquerra Republicana de Catalunya e IU-ICV
Os comités de empresa de Renfe, Feve e Adif concéntranse na Coruña a prol dun "ferrocarril público e social" e contra a privatización das empresas públicas. Se así se confírmase, os sindicatos convocarán "un paro total" sen servizos mínimos.
O filme de animación O Apóstolo, dirixido polo compostelán Fernando Cortizo, competirá na Sección Oficial do Festival Internacional de Cinema de Moscú. Será a primeira película de animación que o fai, e a única fita española a concurso. O Apóstolo é primeira longametraxe europea de animación stop motion estereoscópico.
A Consellería de Industria afirma que "todos os promotores eólicos" seguen adiante co plan, malia a suspensión das primas. A Xunta asegura que o sector "non está paralizado" malia as continuas críticas da oposición e dos expertos.
A Mesa do Congreso rexeita a comisión de investigación sobre a Casa Real que solicitaran BNG, ERC e IU-ICV. Argumenta que investigar o rei e a súa familia "vai contra a Constitución". En 20 Minutos.