O Goberno forza o peche da oficina ONU Mulleres en España. A delegación non supoñía custo ningún para o Estado e está presente en máis de 70 países. Cóntao El Diario.
Fálase
Paco Vázquez compara a inmersión lingüística coa persecución aos xudeus na Alemaña nazi. "Non hai diferenza entre un xudeu perseguido polos nazis e un neno catalán castigado por falar español", asegurou o ex alcalde da Coruña no programa Foro Aberto da TVG.
CiU, ERC, PSC e ICV-EUiA pactan non aplicar a LOMCE se o ministro Wert "non atende a razóns". Os catro partidos catalanistas fan unha fronte común a prol do modelo de inmesión lingüistica e contra a invasión de competencias.
Artur Mas logra un pacto de insubmisión á lei Wert se non garante o catalán. Todos os partidos catalanistas e a comunidade educativa aproban unha declaración conxunta a favor do modelo escolar.
Os alcaldes cobrarán en función da poboación do concello. Ningún deles percibirá máis de 68.000 euros, segundo informa Europa Press.
Vilaweb salienta que La Razón confundiu cun cartaz nazi o cartel de keep calm and carry on que os deputados de ERC empregaron no Congreso na forma de keep calm and speak catalan
As deputadas de AGE Eva Solla e Chelo Martínez visitaron esta mañá as afectadas polas preferentes que están a manter unha acampada por tempo indefinido ante a sucursal de Novagalicia Banco en Cangas.
Remata a folga nos autobuses urbanos de Vigo. Os traballadores ratificaron o preacordo entre empresa e comité, segundo confirma a CIG.
A compañía alemá Dachser merca o 100% da loxística Azkar, de orixe galega, segundo vén de informar a través dun comunicado
A compañía alemá Dachser merca o 100% da loxística Azkar, de orixe galega, segundo vén de informar a través dun comunicado