Rodrigo Rato queda en liberdade tras sete horas detido e atribúenselle varios delitos de presunta corrupción. Facenda artellou a operación de costas á Fiscalía Anticorrupción, segundo informa El Diario
Fálase
A venda de Novagalicia Banco acelerouse pola previsión fallida dunha consultora internacional privada. Cóntao El País Galicia
A sexta edición da gala Lvcvs Moda, dedicada á Mariña, recada preto de 10.000 euros para o Fogar do Transeúnte de Lugo. No evento, organizado pola Deputación Provincial, participaron 6 deseñadores e 16 firmas de artesanía lucenses.
A Fiscalía investiga a Rato por fraude, branqueo e alzamento de bens. O ex ministro podería ser detido hoxe mesmo e pasar a noite no calabozo tras o rexistro na súa casa.
Antiviolencia non declara de alto risco o Deportivo-Atlético deste sábado malia o asasinato na previa do enfrontamento anterior entre estes dous equipos do afeccionado galego Francisco Romero Taboada, Jimmy.
Axentes da Axencia Tributaria rexistran a casa de Rodrigo Rato despois de que se soubese que o ex ministro se acolleu á amnistía fiscal instaurada polo Goberno do PP.
Coca-Cola enche de publicidade os principais xornais impresos españois, como El País, El Mundo, ABC ou La Razón, un día despois do fallo do Tribunal Supremo que botou abaixo o seu ERE. O pasado mes de xaneiro tamén o Banco Santander monopolizara coa súa publicidade as portadas das principais cabeceiras.
Persoas estafadas polas preferentes en Galicia interveñen esta tarde no Parlamento Europeo, en cuxa Comisión de Peticións exporán os seus casos. Esta mañá foron recibidos polo eurodeputado de ERC Josep María Terricabras a través do BNG (imaxe de Ana Miranda)
A dirección do PP tenta desligarse de Rodrigo Rato tras transcender que se acolleu á amnistía fiscal e que é investigado por branqueo de capitais. Cóntao El Diario
Negreira anuncia unha campaña "ao ataque" na inauguración da nova sede do PP na Coruña. Recólleo La Opinión