Antiviolencia non declara de alto risco o Deportivo-Atlético deste sábado malia o asasinato na previa do enfrontamento anterior entre estes dous equipos do afeccionado galego Francisco Romero Taboada, Jimmy.
Fálase
Axentes da Axencia Tributaria rexistran a casa de Rodrigo Rato despois de que se soubese que o ex ministro se acolleu á amnistía fiscal instaurada polo Goberno do PP.
Coca-Cola enche de publicidade os principais xornais impresos españois, como El País, El Mundo, ABC ou La Razón, un día despois do fallo do Tribunal Supremo que botou abaixo o seu ERE. O pasado mes de xaneiro tamén o Banco Santander monopolizara coa súa publicidade as portadas das principais cabeceiras.
Persoas estafadas polas preferentes en Galicia interveñen esta tarde no Parlamento Europeo, en cuxa Comisión de Peticións exporán os seus casos. Esta mañá foron recibidos polo eurodeputado de ERC Josep María Terricabras a través do BNG (imaxe de Ana Miranda)
A dirección do PP tenta desligarse de Rodrigo Rato tras transcender que se acolleu á amnistía fiscal e que é investigado por branqueo de capitais. Cóntao El Diario
Negreira anuncia unha campaña "ao ataque" na inauguración da nova sede do PP na Coruña. Recólleo La Opinión
O sector lácteo denunciará a industria polos baixos prezos e advirte de que xa valora unha folga de entregas. Recólleo Faro de Vigo
Veciñanza da compostelá Rúa do Tambre decide construír unha marquesina de autobús "cos seus propios métodos" despois de, din, levar "anos" agardando por que o Concello lle proporcione ao barrio unha parada axeitada.
Juan Fernández (Independientes por Ferrol) regresa ao PP despois de vinte anos e pechará a lista dos populares na cidade. Ademais, a agrupación local de Ciudadanos anunciou este mércores que non presentará lista en Ferrol, tras negarse a incorporar a ex afiliados de UPyD, como lle esixe a dirección galega do partido laranxa.
A Audiencia Nacional excarcela o narco Sito Miñanco pero prohíbelle volver a Galicia. O auto acúsalle de crear "unha xeración perdida" pola droga e permítelle saír a diario da cadea para traballar.