Juan Fernández (Independientes por Ferrol) regresa ao PP despois de vinte anos e pechará a lista dos populares na cidade. Ademais, a agrupación local de Ciudadanos anunciou este mércores que non presentará lista en Ferrol, tras negarse a incorporar a ex afiliados de UPyD, como lle esixe a dirección galega do partido laranxa.
Fálase
A Audiencia Nacional excarcela o narco Sito Miñanco pero prohíbelle volver a Galicia. O auto acúsalle de crear "unha xeración perdida" pola droga e permítelle saír a diario da cadea para traballar.
Interrómpenlle o tratamento de reprodución asistida dun matrimonio por seren lesbianas. O Estado esixe agora acreditar "un mínimo de 12 meses de relacións sexuais con coito vaxinal". Cóntao El Diario
Unha activista asalta a Mario Draghi para tirarlle confeti en medio da súa rolda de prensa. A muller pedía "acabar coa ditadura do BCE".
Compromiso por Galicia presenta a súa lista en Santiago como "a auténtica candidatura cidadá que aposta pola transparencia". A candidatura encabezada por Xosé Antón López presentouse esta mañá na compostelá Praza de Cervantes, ao pé da antiga Casa do Concello.
O 11º Congresso Alemão de Lusitanistas, que se celebrará en Aachen en setembro, incorpora por vez primeira unha sección de estudos galegos, baixo o título “Cibercultura, linguaxes e medialidade: hibridación e conflito nos espazos xeoculturais galego e lusófono”
BlaBlaCar xestiona máis de 800 viaxes de entrada ou saída a Galicia cada fin de semana, segundo destaca EconomíaDigital nunha reportaxe. O servizo para compartir coche, con 130 mil usuarios e usuarias en toda España, rebaixa en moito as tarifas cobradas por autobuses, trens ou avión.
Carlos Negreira pide un debate electoral "aberto a todos os medios", pero só con "candidatos de partidos con representación no pleno" da Coruña, o que deixaría fóra a Marea Atlántica e outras formacións. Os candidatos do PP noutras cidades, como Vigo e Ourense, veñen de lanzar propostas semellantes.
Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), candidato á alcaldía da Coruña máis valorado seguido por Xosé Manuel Carril e Mar Barcón, segundo unha enquisa da Facultade de Socioloxía da UDC para Radio Coruña que recolle La Opinión.
O PP proclama que "ningún goberno puxo en marcha tantas políticas para fomentar a igualdade feminina como o de Feijóo" e esgrime as "axudas á natalidade" para afirmar que "non se pode dicir que non existen medidas concretas destinadas á conciliación" da vida persoal e laboral das mulleres.