A xuíza da operación Pokemon investiga se o Concello da Coruña lle aboou cantidades extraordinarias a Vendex para a organización do Trofeo Teresa Herrera en 2011 e 2012 por servizos que xa lle debería emprestar por contrato á Concellería de Deportes
Fálase
Nunha reunión cos portavoces das plataformas de afectados e afectadas polas preferentes, o director xeral do FROB, Antonio Carrascosa, evita concretar prazos para unha solución ao problema, e advirte da dificultade de chegar a unha resolución favorable para todas as vítimas da estafa, unhas 35 mil en Galicia
Un erro na libraría OpenSSL, usada para a encriptación de datos en Internet, provoca un dos maiores problemas de seguridade na rede nos últimos anos, impedindo as conexións seguras e deixando ao descuberto información persoal en redes sociais, banca electrónica e outras webs.
Herrero de Miñón defende reinterpretar a Constitución para darlle un encaixe diferenciado a Catalunya, sen que dea pé a unha xeralización e a un café para todos.
Susana Díaz retíralle as competencias de vivenda a IU polo plan de realoxamento das familias da Corrala Utopía. O realoxamento foi freado por Presidencia
Interior retira subvencións a 46 vítimas dos GAL por "pertencer ao mundo de ETA". Admitiuno o titular do ministerio no Congreso en resposta a unha pregunta de Amaiur.
O FROB di aos afectados polas preferentes que traballa nunha solución para eles, pero sen prazos. Os titulares de produtos híbridos consideran "unha nova traizón" que o PP votase contra cambiar a lei para non aplicar quitas.
Unha xuíza da Audiencia Nacional impide que se grave a imaxe de Antonio González Pacheco, Billy El Niño, presunto torturador franquista cuxa extradición reclaman as vítimas impulsoras da querela arxentina. En El Diario
Este xoves presentarase a iniciativa Abortion Travel, que informará das opcións que terán as mulleres españolas para abortar no extranxeiro se a lei promovida polo ministro Gallardón é finalmente aprobada. As súas promotoras defínena como "a axencia de viaxes que nunca debería existir" e adiantan que explicarán os distintos paquetes (avión, hotel, clínica...) dispoñibles.
O Culturgal 2014 celebrarase en Pontevedra os 5, 6 e 7 de decembro. A edición deste ano incluirá un espazo gastronómico e, por vez primeira, cobrará entrada, aínda que con prezos case simbólicos (dous euros por día para os adultos, un euros para os nenos, e catro euros polo abono para os tres días). Manuel Bragado releva na presidencia a Xulio Amigo.