Susana Díaz retíralle as competencias de vivenda a IU polo plan de realoxamento das familias da Corrala Utopía. O realoxamento foi freado por Presidencia
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/53462c78afbae-1397045771_201500_1397073815_noticia_normal.jpg)
Susana Díaz retíralle as competencias de vivenda a IU polo plan de realoxamento das familias da Corrala Utopía. O realoxamento foi freado por Presidencia
Interior retira subvencións a 46 vítimas dos GAL por "pertencer ao mundo de ETA". Admitiuno o titular do ministerio no Congreso en resposta a unha pregunta de Amaiur.
O FROB di aos afectados polas preferentes que traballa nunha solución para eles, pero sen prazos. Os titulares de produtos híbridos consideran "unha nova traizón" que o PP votase contra cambiar a lei para non aplicar quitas.
Unha xuíza da Audiencia Nacional impide que se grave a imaxe de Antonio González Pacheco, Billy El Niño, presunto torturador franquista cuxa extradición reclaman as vítimas impulsoras da querela arxentina. En El Diario
Este xoves presentarase a iniciativa Abortion Travel, que informará das opcións que terán as mulleres españolas para abortar no extranxeiro se a lei promovida polo ministro Gallardón é finalmente aprobada. As súas promotoras defínena como "a axencia de viaxes que nunca debería existir" e adiantan que explicarán os distintos paquetes (avión, hotel, clínica...) dispoñibles.
O Culturgal 2014 celebrarase en Pontevedra os 5, 6 e 7 de decembro. A edición deste ano incluirá un espazo gastronómico e, por vez primeira, cobrará entrada, aínda que con prezos case simbólicos (dous euros por día para os adultos, un euros para os nenos, e catro euros polo abono para os tres días). Manuel Bragado releva na presidencia a Xulio Amigo.
Carlos Callón deixa a presidencia d'A Mesa pola Normalización Lingüística. Anúnciao nunha carta aberta na que asegura que "hai que promover as renovacións para mellor sempre que se puider" e que precisa "asumir novos retos".
Miguel Arias Cañete, ministro de Agricultura, será candidato do PP ás eleccións europeas. Máis información, hoxe en Praza.
O PP rexeita concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores do naval ferrolán asasinados pola policía franquista en 1972. Os conservadores vetan a proposta de AGE, apoiada polo resto da oposición, porque a medalla concedida a Castelao en 1984 "representa a todos os represaliados" e "porque os feitos ocorridos son pasado".
Dimite a ministra británica de Cultura, Maria Miller, tras revelarse que cargou nas contas públicas gastos excesivos en concepto de vivenda, polos que devolverá 6.990 euros