Rosell nega que exista unha rebaixa salarial en España. O presidente da patronal asegura que os salarios subirán un 0,6% este ano.
Fálase
A plataforma Galiza con Catalunya recolle sinaturas a prol do proceso soberanista catalán.
O BCE baixa o prezo do diñeiro a un novo mínimo histórico do 0,05%.
Un cento de persoas apoian o bombeiro multado na Coruña por negarse a colaborar no desafiuzamento de Aurelia Rey hai ano e medio. Familiares, compañeiros e Stop Desahucios concentráronse ante os xulgados onde se celebra a vista contra o home, que dixo non ter cometido "nada ilegal" coa súa acción. Máis información, hoxe en Praza.
O bombeiro que se negou a colaborar no desafiuzamento de Aurelia Rey será xulgado hoxe na Coruña por "alteración da orde pública". Stop Desafiuzamentos convoca unha concentración de apoio ás 11 á porta dos xulgados.
Almunia di que Bruxelas nin aprobou nin rexeitou o dique flotante na ría de Ferrol. O comisario insiste en que a UE só se manifestou sobre o financiamento público.
Máis de 3.400 menores sofren extorsión na Rede en Galicia. Uns 27.000 aseguran ter contactado con estraños por Internet, segundo un estudo que onte presentou o Valedor do Pobo.
O Goberno rectifica e permitirá a xubilación anticipada a máis de 30.000 despedidos con 61 anos.
Pedro Sánchez teima en rexeitar a consulta catalá e advirte a Mas que "fracturará" a sociedade. O líder do PSOE ofrece como alternativa unha reforma constitucional.
A deputada do PP ferida no accidente do Alvia deixa o partido pola negativa a investigar o acontecido en Angrois, segundo conta La Voz