Alexis Tsipras, máximo dirixente da coalición grega Syriza, participará este xoves nun acto de apoio a ICV-EUiA en Barcelona
Alexis Tsipras, máximo dirixente da coalición grega Syriza, participará este xoves nun acto de apoio a ICV-EUiA en Barcelona
Primeiras horas de alto o fogo en Gaza. Milleiros de palestinos celebraron nas rúas o fin do ataques de Israel
Orozco remodela o Goberno municipal de Lugo despois da marcha dos dous concelleiros do BNG. O alcalde lucense declarará este hoxe pola súa imputación no caso Pokemon
Mediaset, empresa propietaria de Telecinco, xustifica a súa demanda contra un blogueiro que instou a boicotear os produtos que patrocinasen o programa La Noria. A compañía asegura que Pablo Herreros incorreu en "ameazas". Cóntao La Información.
Rajoy só le o Marca e o Faro de Vigo. Ou iso é o que afirma o Financial Times nun perfil do presidente do Goberno publicado onte. O xornal especializado di que Rajoy se pecha no seu despacho, négase a ver a televisión ou a escoitar a radio e só le estes dous xornais.
EH-Bildu fica ás portas de ter a maioría no consello da Kutxa pola anulación dunha das candidaturas. Cóntao El País.
O gasto de España en I+D cae un 2,8% en 2011 e o investimento da Administración descende un 7,4%. O I+D representa o 1,33% do PIB, moi lonxe da media europea, que se sitúa no 2%. España é superada amplamente por Alemaña, Dinamarca ou Suecia, pero tamén por Portugal, que inviste en investigación o 1,5% do seu PIB.
Unha Catalunya independente sería o Estado máis rico do sur de Europa, segundo unha información do Financial Times que recolle o diario Ara
Israel e Hamas acordan unha tregua que se fará efectiva a partir das oito da tarde, coa mediación dos Estados Unidos e Exipto. Porén, Israel négase a levantar o bloqueo ao que somete a Gaza.
Unha libraría e dous establecementos hostaleiros de Compostela inician unha campaña para declarar "territorios libres de violencia machista" co gallo do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.