O gasto de España en I+D cae un 2,8% en 2011 e o investimento da Administración descende un 7,4%. O I+D representa o 1,33% do PIB, moi lonxe da media europea, que se sitúa no 2%. España é superada amplamente por Alemaña, Dinamarca ou Suecia, pero tamén por Portugal, que inviste en investigación o 1,5% do seu PIB.
Fálase
Unha Catalunya independente sería o Estado máis rico do sur de Europa, segundo unha información do Financial Times que recolle o diario Ara
Israel e Hamas acordan unha tregua que se fará efectiva a partir das oito da tarde, coa mediación dos Estados Unidos e Exipto. Porén, Israel négase a levantar o bloqueo ao que somete a Gaza.
Unha libraría e dous establecementos hostaleiros de Compostela inician unha campaña para declarar "territorios libres de violencia machista" co gallo do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
O BNG reclama que o Parlamento galego condene "o ataque criminal" de Israel sobre Gaza
A Audiencia conclúe que Repsol e BP fixan os prezos dos carburantes. Rexeita os recursos interpostos polas petroleiras, tal e como adianta El Economista.
O FMI advirte a Portugal de que o seu sistema de pensións é "moi xeneroso" e insta o Goberno de Passos Coelho a continuar cos recortes. Cóntao PTJornal.
Confírmase a petición dunha fianza de 8 millóns de euros para o xenro do rei, Iñaki Urdangarín, e o seu socio no marco do caso Noos. No caso de que non os depositen, o xulgado ordenará o embargo dos seus bens por un importe equivalente. Na Cadena SER.
Feijóo di que o 'tax lease' entrará en vigor desde xaneiro e lembra que antes é necesario que o Goberno de España modifique o imposto de sociedades.
A campaña en change.org para pedirlles aos anunciantes que retiren a súa publicidade de Telecinco despois de que a cadea demandase a Pablo Herreros xa suma 55 mil apoios en apenas unhas horas.