O BNG reclama que o Parlamento galego condene "o ataque criminal" de Israel sobre Gaza
O BNG reclama que o Parlamento galego condene "o ataque criminal" de Israel sobre Gaza
A Audiencia conclúe que Repsol e BP fixan os prezos dos carburantes. Rexeita os recursos interpostos polas petroleiras, tal e como adianta El Economista.
O FMI advirte a Portugal de que o seu sistema de pensións é "moi xeneroso" e insta o Goberno de Passos Coelho a continuar cos recortes. Cóntao PTJornal.
Confírmase a petición dunha fianza de 8 millóns de euros para o xenro do rei, Iñaki Urdangarín, e o seu socio no marco do caso Noos. No caso de que non os depositen, o xulgado ordenará o embargo dos seus bens por un importe equivalente. Na Cadena SER.
Feijóo di que o 'tax lease' entrará en vigor desde xaneiro e lembra que antes é necesario que o Goberno de España modifique o imposto de sociedades.
A campaña en change.org para pedirlles aos anunciantes que retiren a súa publicidade de Telecinco despois de que a cadea demandase a Pablo Herreros xa suma 55 mil apoios en apenas unhas horas.
Israel bombardea as sedes en Gaza de France Presse, AP e Al Yazira e onte matou dous xornalistas da canle Al Aqsa TV. Reporteiros Sen Fronteiras xa condenou os ataques a xornalistas por parte de Israel
A esquerda abertzale participa na homenaxe a Ernest Lluch no 12º aniversario do seu asasinato por parte de ETA
Membros de Nunca Máis protestan ás portas do xuizo do Prestige. O tribunal decidiu adiar até este xoves a declaración do ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors. Imaxe de Onda Cero.
Activistas de Greenpeace descolgan unha faixa nunha tenda de Zara en Madrid para protestar pola venda por parte de Inditex de prendas de industrias textis que empregan substancias tóxicas