Praza non se actualizará este 1 de xaneiro por descanso da redacción. Volvemos o venres 2. Pasádeo ben e... feliz ano!
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54a42554b7f75-15esperanzasredes.jpg)
Praza non se actualizará este 1 de xaneiro por descanso da redacción. Volvemos o venres 2. Pasádeo ben e... feliz ano!
As forzas da oposición critican con dureza a mensaxe de fin de ano de Alberto Núñez Feijoo. "Temos un presidente da Xunta que se non estivese ninguén o notaría" (Gómez Besteiro, PSdeG-PSOE). "Nin se atreve a pronunciar a palabra corrupción nun discurso sen medida ningunha contra ela" (Yolanda Díaz, AGE). “Un discurso baleiro, que máis parecía o salmo dun rei mago diante do portal de Belén que o discurso serio do presidente dun país que vive unha gran crise económica, social e política” (Xavier Vence, BNG)
Esta noite de final de ano continuará o frío e os ceos despexados en toda Galicia, despois de que a pasada noite se rexistraran mínimas de ata 8,2 graos baixo en Verín ou 6,7 baixo cero en Sarria.
O Concello de Pontevedra ofrece dez hectáreas de terreo para a instalación da planta de compostaxe que promove xunto coa Deputación.
ERC dálle 15 días a Mas para convocar eleccións plebiscitarias e condiciona o seu apoio aos ozamnetos ao adianto electoral.
O cemiterio de Meá, en Mugardos, acolle este mércores unha homenaxe a Francisco Martínez Leira, “Pancho”, guerrilleiro tiroteado pola Garda Civil o 31 de decembro de 1954. Foi o guerrilleiro máis activo na comarca de Ferrolterra, mantendo as súas accións mesmo nos anos 50 ata que, denunciado por un familiar, foi asasinado en Pontedeume. Mugardos e Pontedeuem acollerán actos na súa lembranza ao longo do mes de xaneiro.
O Concello da Coruña deberá pagar 180 mil euros de indemnización pola adxudicación da feira taurina en 2005. En 2011 o Tribunal Supremo xa ordenara o pagamento de 144 mil euros por contratar a Inversiones Chicó en lugar da outra promotora aspirante, que recorreu. O Concello buscou evitar o pagamento nos tribunais, pero agora unha nova sentenza obrígalle a pagar, ademais, outros 34 mil euros de intereses de demora.
Policías levan a xuízo por lesións a un preferentista cunha incapacidade do 68%. Os axentes reclámanlle 1.700 euros de indemnización por unha falta de "lesións", aínda que a propia Fiscalía rebaixou a petición a 400 euros.
Na súa mensaxe de fin de ano Artur Mas presiona a ERC e esixe "unidade" alegando que o Estado busca a "división". Porén, non aclara as súas intencións con respecto a un adianto electoral. O presidente da Generalitat recibe críticas, dende a propia ERC a ICV e PSC.
Piedras de papel, o blog de El Diario elaborado por un grupo de sociólogos e politólogos, repasa o ano 2014 en 12 gráficos, dende a crise da Monarquía á caída do apoio ao bipartidismo.