As rapazas do CRAT da Coruña fan historia ao acadar o seu segundo de título de Liga da División de Honra de rugby tras vencer na final deste domingo ao INEF L'Hospitalet (31-15). O equipo galego repite título tras o conseguido en 2015.
Fálase
A provincia de Ourense sofre varios incendios noutra xornada de calor. O de Lobeira, activo aínda, queimou xa 40 hectáreas e afecta o parque natural do Xurés. En Padrenda, quedou extinguido outro foco que arrasou máis de 20 hectáreas. Foto: Emerxencias Ourense.
Unha enquisa de Sondaxe sitúa o PSOE como vencedor das xerais e a ultradereita de Vox como terceira forza con 50 escanos. En Galicia, o PSdeG subiría pero a dereita gañaría beneficiada pola división da esquerda. Segundo outro inquérito para El País, a vitoria socialista sería máis clara pero a suma con Unidas Podemos non lle abondaría para gobernar.
Outro eurodeputado confirma na ría do Burgo que a contaminación persiste seis anos despois da visita doutra delegación da Eurocámara. Ana Miranda, europarlamentaria do BNG, esixe ao Goberno central e á Xunta o seu saneamento integral. Hai dous meses, o Parlamento Europeo reabriu o expediente sobre a contaminación das rías galegas.
O Ministerio de Xustiza dotará a Lugo da "estrutura de persoal correspondente a un novo xulgado do Social". Así llo transmitiu a ministra Dolores Delgado á alcaldesa, Lara Méndez, durante a reunión mantida este pasado venres, segundo aclara o Consistorio.
Multitudinaria manifestación en Londres para pedir un segundo referendo sobre o Brexit. Os organizadores cifran nun millón de persoas a asistencia á marcha.
EU, Equo e Podemos Galicia lanzan a marca En Común Podemos de cara ás vindeiras eleccións xerais do 28 de abril
A peña Celtarras anuncia a súa disolución logo de 32 anos de historia. O grupo decide "baixar o pano" despois de máis de tres décadas na bancada de Balaídos, tal e como explican nun comunicado.
Abren expediente ao fiscal superior de Galicia por infracción de deberes e ao de Ourense por "abuso de poder". A Fiscalía Xeral do Estado investiga o superior de Galicia por unha "infracción grave de deberes inherentes". Cóntao Europa Press.
Persoal da CRTVG volve vestir de loito no 44º venres negro "por unha radio e unha tele públicas que sexan de tod@s e para tod@s". Defende A Galega lembra as críticas á Corporación que onte se deron na gala dos María Casares.