A peña Celtarras anuncia a súa disolución logo de 32 anos de historia. O grupo decide "baixar o pano" despois de máis de tres décadas na bancada de Balaídos, tal e como explican nun comunicado.
Fálase
Abren expediente ao fiscal superior de Galicia por infracción de deberes e ao de Ourense por "abuso de poder". A Fiscalía Xeral do Estado investiga o superior de Galicia por unha "infracción grave de deberes inherentes". Cóntao Europa Press.
Persoal da CRTVG volve vestir de loito no 44º venres negro "por unha radio e unha tele públicas que sexan de tod@s e para tod@s". Defende A Galega lembra as críticas á Corporación que onte se deron na gala dos María Casares.
Este venres comeza en Pontevedra o Salón do Libro, que celebra o seu 20ª aniversario e que nesta edición está dedicado á lusofonía. O evento, que ten lugar no Pazo da Cultura, chegará ata o 12 de abril
En marzo do ano 2020 celebrarase o I Congreso Internacional do Teatro Galego. O encontro, impulsado pola Academia Galega do Teatro, terá lugar na Cidade da Cultura.
A UE acorda adiar a saída do Reino Unido ata o 22 de maio se o parlamento británico aproba a vindeira semana o acordo negociado por Theresa May. De non aprobarse, o prazo só se ampliaría ata o 12 de abril
Este serán celébrase no Teatro Rosalía Castro da Coruña a gala dos XXIII Premios de Teatro María Casares. 'Commedia', 'Divinas Palabras Revolution' e 'A leituga' encabezan a lista de obras finalistas. Podes seguir ao vivo a retransmisión da entrega en Praza.gal. E este venres, en Praza, o máis destacado da cerimonia coas persoas e obras gañadoras.
A planta de Alcoa da Coruña non poderá presentarse á próxima poxa de ininterrompibilidade ao renunciar a multinacional á anterior para os primeiros seis meses do ano. Mentres o Estado segue a confiar en atopar "investidor", a empresa ameaza mesmo con pechar en San Cibrao.
Hoxe é o Día Mundial da Síndrome de Down. Neste vídeo a federación Down Galicia explica que é a síndrome e subliña que as persoas que a teñen son suxeitos de dereitos como o resto da cidadanía. "Reivindicamos as capacidades das persoas e os dereitos que lles corresponden como cidadás", resumen.
O ata agora cabeza de lista de Podemos ás europeas, Pablo Bustinduy, anuncia a súa retirada da política institucional. O número 1 da formación será agora para María Eugenia Rodríguez Palop, que ía ser a segunda na candidatura. Bustinduy, deputado no Congreso na última lexislatura, destacou en diversas sesións parlamentarias polos seus discursos en materia de política internacional.