O ata agora cabeza de lista de Podemos ás europeas, Pablo Bustinduy, anuncia a súa retirada da política institucional. O número 1 da formación será agora para María Eugenia Rodríguez Palop, que ía ser a segunda na candidatura. Bustinduy, deputado no Congreso na última lexislatura, destacou en diversas sesións parlamentarias polos seus discursos en materia de política internacional.
Fálase
Marilar Aleixandre, Premio á Contribución Sobresaliente á Investigación de 2019, que concede a Asociación Estadounidense de Didáctica nas Ciencias. É o galardón máis importante do mundo nesta área. Ata agora só o lograran catro docentes de orixe europea, tal e como destaca a USC.
Theresa May esixe ao Parlamento británico que vote saír da UE con ou sen acordo ou non saír. Mentres, o Consello Europeo condiciona a prórroga do Brexit a que a primeira ministra logre que a Cámara dos Comúns aprobe o plan para saír da Unión.
A Comisión Europea multa a Google con 1.494 millóns de euros por atentar contra a competencia co seu sistema de publicidade AdSense
O TSXG confirma a condena a dous anos de cadea e multa de 350 euros a un veciño de Cambre por pagar cun billete falso de 50 euros unha pizza que pedira a domicilio. Ratifica a sentenza na que a Audiencia da Coruña o considerou culpable dun delito de tenza de moeda falsa e doutro leve de estafa.
Touro. O rural no que pasaban cousas nos noventa. Esta reportaxe de Vinte achégase á cultura xuvenil de numerosas vilas do rural galego nos anos 90 a través da memoria colectiva de quen a viviron en primeira persoa. Tempos de traballo, cartos... e Luar.
Té con Gotas publica o seu novo podcast desde Inglaterra. Desta vez, este espazo de debate e análise galega desde Reino Unido céntrase no Brexit tras os últimos acontecementos e a nove días da data oficial da saída da UE. Na entrevista, Saleta Chao Rivas, pedagoga de Cuntis que traballa en Londres nun proxecto pioneiro de intervención familiar.
A UE condiciona unha prórroga prolongada ao Brexit a que caia o Goberno de May ou a un novo referendo. A primeira ministra británica acode este mércores novamente a Bruxelas.
ENCE conxela os investimentos en Pontevedra a partir de 2020 e prepara unha batalla legal contra a decisión do Estado de deixar de defender a prórroga que o Goberno de Rajoy lle concedera, segundo adianta Europa Press.
O Goberno central presenta o borrador do estatuto de consumidores electrointensivos, clave para evitar o peche de Alcoa e a chegada de investidores, tal e como adianta o Ministerio de Industria. Máis información, hoxe en Praza.gal.