ENCE conxela os investimentos en Pontevedra a partir de 2020 e prepara unha batalla legal contra a decisión do Estado de deixar de defender a prórroga que o Goberno de Rajoy lle concedera, segundo adianta Europa Press.

ENCE conxela os investimentos en Pontevedra a partir de 2020 e prepara unha batalla legal contra a decisión do Estado de deixar de defender a prórroga que o Goberno de Rajoy lle concedera, segundo adianta Europa Press.
O Goberno central presenta o borrador do estatuto de consumidores electrointensivos, clave para evitar o peche de Alcoa e a chegada de investidores, tal e como adianta o Ministerio de Industria. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Veciñanza de Sedes (Narón) homenaxeou este domingo as mulleres que secundaron hai 101 anos a revolta popular coñecida como "revolta das pedradas", histórica protesta contra a especulación con produtos de primeira necesidade. Imaxe divulgada polo colectivo organizador da homenaxe.
O ata agora candidato do PSdeG á alcaldía de Ourense anuncia a súa dimisión por "motivos persoais". "Con gran dor do meu corazou, comunico que, por motivos persoais, proximamente presentarei a miña renuncia a encabezar a lista do meu partido ás municipais e dimitirei como voceiro e concelleiro", anunciou aos medios José Ángel Vázquez Barquero, reelixido candidato o pasado novembro.
Ciudadanos anuncia a 'fichaxe' para as súas listas ao Congreso de Edmundo Blanco, avogado do Estado cesado polo Goberno central que defendía a existencia de rebelión no proceso soberanista de Catalunya (Imaxe: Cs)
José Blanco confirma que non recuncará na lista do PSOE ao Parlamento europeo, que hoxe serán confirmadas. O ex-ministro galego expresa "todo o apoio" ao lalinense Nicolás González Casares, actual tenente da alcaldía da vila do Deza, como "candidato do PSdeG" á Eurocámara no 26-M. González Casares ocupará o noveno posto na candidatura.
Volven os incendios a Ourense na recta final do inverno. O lume queimou este sábado unhas 70 hectáreas en Vilariño de Conso, que xa foi controlado. Imaxe dos traballos de extinción difundida pola Brif de Laza.
O vicesecretario de organización do PP, Javier Maroto, carga contra Pedro Sánchez e alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, por "permitir" a mobilización de independentistas cataláns en Madrid e afirma que "con Pablo Casado isto non volverá suceder". A lei vixente estipula que as manifestacións deben ser "comunicadas" ás autoridades, ás que non corresponde "permitilas" ou non en función do seu contido.
Milleiros de persoas maniféstanse esta tarde en Madrid baixo o lema A autodeterminación non é delito, democracia é decidir. A mobilización está convocada polos colectivos soberanistas cataláns ANC e Òmnium Cultural. Os manifestantes encheron máis de medio milleiro de autobuses para acudir á mobilización, na que tamén participan membros do BNG e de Anova. O máis destacado, hoxe en Praza.gal (Imaxe: ANC)
En Común-Unidas Podemos será a marca electoral da coalición entre Podemos e Esquerda Unida para as eleccións xerais do 28A. Antón Gómez-Reino encabeza a lista pola Coruña e Yolanda Díaz a de Pontevedra, onde Ángela Rodríguez 'Pam' ocupa o segundo lugar. Ledicia Piñeiro será a número 1 por Ourense