A Comisión Europea multa a Google con 1.494 millóns de euros por atentar contra a competencia co seu sistema de publicidade AdSense

A Comisión Europea multa a Google con 1.494 millóns de euros por atentar contra a competencia co seu sistema de publicidade AdSense
O TSXG confirma a condena a dous anos de cadea e multa de 350 euros a un veciño de Cambre por pagar cun billete falso de 50 euros unha pizza que pedira a domicilio. Ratifica a sentenza na que a Audiencia da Coruña o considerou culpable dun delito de tenza de moeda falsa e doutro leve de estafa.
Touro. O rural no que pasaban cousas nos noventa. Esta reportaxe de Vinte achégase á cultura xuvenil de numerosas vilas do rural galego nos anos 90 a través da memoria colectiva de quen a viviron en primeira persoa. Tempos de traballo, cartos... e Luar.
Té con Gotas publica o seu novo podcast desde Inglaterra. Desta vez, este espazo de debate e análise galega desde Reino Unido céntrase no Brexit tras os últimos acontecementos e a nove días da data oficial da saída da UE. Na entrevista, Saleta Chao Rivas, pedagoga de Cuntis que traballa en Londres nun proxecto pioneiro de intervención familiar.
A UE condiciona unha prórroga prolongada ao Brexit a que caia o Goberno de May ou a un novo referendo. A primeira ministra británica acode este mércores novamente a Bruxelas.
ENCE conxela os investimentos en Pontevedra a partir de 2020 e prepara unha batalla legal contra a decisión do Estado de deixar de defender a prórroga que o Goberno de Rajoy lle concedera, segundo adianta Europa Press.
O Goberno central presenta o borrador do estatuto de consumidores electrointensivos, clave para evitar o peche de Alcoa e a chegada de investidores, tal e como adianta o Ministerio de Industria. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Veciñanza de Sedes (Narón) homenaxeou este domingo as mulleres que secundaron hai 101 anos a revolta popular coñecida como "revolta das pedradas", histórica protesta contra a especulación con produtos de primeira necesidade. Imaxe divulgada polo colectivo organizador da homenaxe.
O ata agora candidato do PSdeG á alcaldía de Ourense anuncia a súa dimisión por "motivos persoais". "Con gran dor do meu corazou, comunico que, por motivos persoais, proximamente presentarei a miña renuncia a encabezar a lista do meu partido ás municipais e dimitirei como voceiro e concelleiro", anunciou aos medios José Ángel Vázquez Barquero, reelixido candidato o pasado novembro.
Ciudadanos anuncia a 'fichaxe' para as súas listas ao Congreso de Edmundo Blanco, avogado do Estado cesado polo Goberno central que defendía a existencia de rebelión no proceso soberanista de Catalunya (Imaxe: Cs)