O Ministerio de Facenda utiliza o voto de calidade para impoñer o límite de déficit ás autonomías, que baixa ao 0,3%. Recólleo Faro de Vigo
Fálase
A Comisión de Sanidade do Congreso dá luz verde (cos votos populares e de UDC) á proposición de lei do PP que limita o dereito ao aborto, de xeito que as mulleres de 16 e 17 anos necesitarán o consentimento dos seus proxenitores. A lei votarase no pleno do Congreso a vindeira semana
O Parlamento europeo apoia o TTIP tras un pacto de socialistas e populares sobre os tribunais de arbitraxe. 436 eurodeputados votaron a favor do Informe Lange, cuxo debate fora adiado o pasado mes, 241 en contra e 32 abstivéronse. Entre os representantes socialistas houbo bastantes disidencias, aínda que o PSOE votou a favor. Lidia Senra (AGEe) critica a "alianza neoliberal" de populares, liberais e socialdemócratas e denuncia que a emenda pactada deixa a porta aberta aos tribunais privados de arbitraxe.
Competencia multa con 113.000 euros as empresas de Lugo Lence Torres e San Cristóbal, que comparten propiedade con Leite Río, por pactar os prezos do combustible nas súas estacións de servizo, ambas abandeiradas de Repsol.
O Goberno grego presenta a súa proposta para o terceiro rescate e, mentres, o ministro español de Exteriores compárao co moroso dunha comunidade de veciños
Tsipras comparece esta mañá ante o pleno do Parlamento Europeo, onde foi recibido cunha grande ovación dos grupos da esquerda. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón
O PP asegura dende Madrid que Grecia vive unha "vaga de atracos e violencia inusitada". Son verbas do seu voceiro, Pablo Casado, que recolle a Cadena SER
Os socios do Eurogrupo esixen a Grecia recortes antes do remate da semana como vía para a permanencia no euro. En eldiario.es
A xuíza De Lara amplía a investigación do caso Pokémon ao Concello de Verín. En Faro de Vigo
O Eurogrupo conclúe sen resultado sobre Grecia. O novo ministro de Finanzas heleno non presentou unha proposta formal á espera de que o faga Tsipras, que opta por un debate político cos restantes primeiros ministros. O Eurogrupo debaterá mañá a proposta do Goberno grego, semellante á que xa se discutira antes do referendo.