Investigan unha suposta violación en grupo na que tería participado Dominique Strauss-Kahn.
Fálase
Botín anuncia que o Santander podería poxar por Novagalicia banco. O presidente da maior entidade española dá por feito que haberá unha poxa da entidade galega e advirte que estudará "con todo detalle" esta operación e a de Catalunya Caixa.
#Cmin O Goberno convoca as autonomías para analizar os seus plans de axuste e asegurarse de que van no camiño de cumprir cos compromisos de déficit. A xuntanza do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) será, probablemente, o vindeiro 16 de maio.
Pachi Vázquez envíalle unha carta a Feijóo solicitándolle unha xuntanza para acadar "un acordo para a reactivación económica". "Que goberne ou que marche", resume o secretario xeral do PSdeG.
#Cmin O Consello de Ministros aproba unha redución da publicidade institucional nun 56%, 35 millons de euros menos que o orzamentado.
#CMin O Estado reduce un 38% o gasto en publicidade e propaganda
#CMin O Goberno central retíralles ás autonomías as competencias sobre os ríos que transcorren por varias comunidades, outorgadas polo anterior Goberno.
Dimite a Vicevaledora do Pobo, Dolores Galovart, tras as declaracións do Valedor sobre a Lei da Dependencia e os recortes. En El País.
Galicia cumprirá co obxectivo de déficit en 2012, segundo os cálculos da Fundación de Estudios de Economía Aplicada (Fedea), que calcula que a comunidade pechará o ano cun 1,1%, catro décimas por baixo do propósito do 1,5% do PIB, e será unha das tres autonomías que cumpra cos números.
UGT-Galicia destaca que a contratación indefinida baixou entre os máis novos o 22%, o que "evidencia que as novas fórmulas do Goberno para os contratos entre os menores de 30 anos non están a funcionar".