Suspenden con tres partidos o futbolista que sufriu insultos racistas. Dapo, xogador do Dorneda, foi sancionado por encararse cuns afeccionados que lle berraron desde a bancada nun partido da Terceira galega ante o Vilalbés.
Fálase
O Sergas xubilou 256 médicos no que vai de ano, o 3% do total. Os sindicatos denuncian que a meirande parte destas baixas non se cobren.
Voces da Igrexa en Catalunya apostan por pedir "perdón" polo apoio á dituadura franquista, ante a macrobeatificación que terá lugar este domingo en Tarragona de "mártires" da Guerra Civil.
Catalunya e Andalucía anuncian que levarán a ley Wert ao Constitucional. As Xuventudes Socialistas lanzan un vídeo, baixo o lema #WalkingWert, no que destacan o rexeitamento xeralizado á norma.
Afectados polas preferentes reciben ameazas de sancións por manifestarse na rúa na Coruña. A Subdelegación do Goberno envía advertencias aos preferentistas por cortes de tráfico, tal e como fixera con outros manifestantes.
Ás 20:00 comeza un novo #debatenapraza. Desta volta falamos de dereitos sociais e crise; podedes asistir ou seguilo ao vivo aquí
A Audiencia Nacional imputa a Hu Jintao polo xenocidio no Tíbet. Reabre a querela contra o ex presidente chinés.
Como está Galicia dende o anterior debate de política xeral? Esta tarde, en Praza, comezamos a repasar o estado do país nun especial que nos levará ata o debate que comeza o vindeiro martes.
O Instituto para a Innovación Periodística publica unha análise da importancia que unha boa lei de transparencia ten para o traballo dos xornalistas
A pobreza en España afecta xa ao 26,7% dos menores de 16 anos, segundo datos de Cáritas. O número de pobres supera os tres millóns, o dobre que antes do inicio da crise