Ás 20:00 comeza un novo #debatenapraza. Desta volta falamos de dereitos sociais e crise; podedes asistir ou seguilo ao vivo aquí
Fálase
A Audiencia Nacional imputa a Hu Jintao polo xenocidio no Tíbet. Reabre a querela contra o ex presidente chinés.
Como está Galicia dende o anterior debate de política xeral? Esta tarde, en Praza, comezamos a repasar o estado do país nun especial que nos levará ata o debate que comeza o vindeiro martes.
O Instituto para a Innovación Periodística publica unha análise da importancia que unha boa lei de transparencia ten para o traballo dos xornalistas
A pobreza en España afecta xa ao 26,7% dos menores de 16 anos, segundo datos de Cáritas. O número de pobres supera os tres millóns, o dobre que antes do inicio da crise
A canadense Alice Munro gaña o Nobel de Literatura
O PP aposta por "campañas conxuntas" co PSOE na defensa da unidade de España. Reclamouno Esteban González Pons nunha entrevista en RNE
Xabier Mikel Errekondo (Amaiur) escenifica na tribuna do Congreso a súa oposición á Lei Wert. Cos brazos en cruz termando de senllos libros amosou o "castigo" que supón a nova lexislación educativa, que hoxe se aproba.
#consellodaxunta O Consello autoriza a absorción da Radio Galega por parte da Televisión de Galicia, como paso previo á creación da nova corporación establecida na nova Lei de Medios.
#consellodaxunta O Consello aproba o proxecto da nova Lei do Solo.