Falece o escritor Günter Grass aos 87 anos. Grass recibiu o Nobel de Literatura en 1999
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/552b7dff72e69-220px-grass.jpg)
Falece o escritor Günter Grass aos 87 anos. Grass recibiu o Nobel de Literatura en 1999
O xornalista Aníbal Malvar conecta grupos violentos fascistas de Ferrol co PPdeG e co narco Marcial Dorado. Un compañeiro de Fernández de Mesa acabou sendo o chófer de Feijóo que lle presentou o narcotraficante.
O PSOE denuncia a inauguración en Sarria dun circuíto para bicicletas malia á prohibición da lei electoral. A placa inaugural desapareceu da infraestrutura tras saír á luz a denuncia. Recólleo El Progreso
A familia de José Couso reprocha que o Goberno de España se poña do lado dos Estados Unidos no caso. Fixérono durante as mobilizacións polo duodécimo aniversario do asasinato do reporteiro galego en Bagdad.
Besteiro reivindica o PSdeG como o "cambio cara á confianza e a seguridade" tras participar na conferencia política do PSOE, da que o partido, di, sae con "ansias renovadas". "Refórzanos moitísimo e sitúanos no papel de centralidade", afirma.
O vicepresidente Rueda viaxa a Cuba para reunirse con autoridades do seu Goberno. Hai dous anos Feijóo xa se desprazou á illa e foi recibido polo presidente, Raúl Castro.
O Goberno central triplica as súas adxudicacións en Galicia no ano electoral, segundo La Voz
O Comité de empresa de Povisa concentrarase este luns ás 12 horas diante do hospital contra a violencia machista e en solidariedade coa muller -traballadora do centro- que foi apuñalada esta mañá pola súa ex parella.
No baloncesto, vitoria do Río Natura Obradoiro ante o Bilbao Basket (77-72), con 27 puntos de Waczynski. Os composteláns son décimos, a dúas vitorias do play-off. Nunha xornada na que, na Liga Adecco Ouro, o Breogán caeu ante o Valladolid (87-85) e o Ourense derrotou o Oviedo (75-84). Lucenses e ourensáns comparten co Valladolid a segunda praza da clasificación, de cara ao play-off de ascenso á ACB.
Na Segunda B, vitorias do Compostela ante o Tropezón (4-2) e do Somozas ante o Zamora (1-0); empate do Rácing de Ferrol na súa visita ao Valladolid B (0-0); e derrotas do Coruxo ante o Logroñés (0-1) e do Celta B ante o Guijuelo (2-0). Os ferroláns son cuartos con 59 puntos, pero a tan só tres da segunda posición. O Compostela é sexto a catro puntos do play-off de ascenso.