The New York Times dedícalle unha ampla información ás declaracións machistas do alcalde de Valladolid, Javier León de la Riva, e relaciónaas co debate sobre a violencia de xénero en España.
Fálase
Xa hai máis de mil millóns de sitios web rexistrados, segundo un informe de Netcraft, aínda que tres de cada catro non están realmente activos.
Dimite a dirección do IES Vilar Ponte de Viveiro en protesta porque a Consellaría de Educación deixou sen cubrir unha praza de mestre.
O salón de actos da Biblioteca Municipal de Vilalba acolleu un debate sobre o futuro do sector agrícola galego, organizado por Economía Digital, a Deputación de Lugo e o Grupo El Progreso. Empresas e expertos defenden a capacidade para competir en Europa.
O Goberno informou á Conferencia Episcopal antes de anunciar a retirada da lei Gallardón, Membros do Executivo estiveron en contacto con Rouco Varela, Ricardo Blázquez e o Vaticano
The Guardian faise eco do labor do porteiro do Celta, Sergio Álvarez, no derbi contra o Deportivo. O xornal británico salienta que o Cat of Catoira é "gallego speaker".
O xuíz do caso Gürtel ve probado que o PP se lucrou con cartos "procedentes dun delito". Recólleo El Diario
A catedrática de Microbioloxía da USC Alicia Estévez Toranzo ingresará esta tarde na Real Academia Galega de Ciencias. Convértese na primeira muller na institución, que nos vindeiros meses tamén dará entrada á profesora María José Alonso.
A Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de Monterrei denuncia que a empresa encargada da obra de adecuación do Castelo en hotel volveu causar "destrozos" na fortaleza. Demándalle á Xunta que "tome as medidas necesarias para protexer un BIC como é o castelo e a vila de Monterrei"
Este martes presentouse a segunda edición dos Premios Martín Códax da Música, con novas categorías (Rock e Canción de Autor) e premios para a Mellor Sala, o Mellor Festival e o Mellor Espazo de Comunicación Musical.