Este martes presentouse a segunda edición dos Premios Martín Códax da Música, con novas categorías (Rock e Canción de Autor) e premios para a Mellor Sala, o Mellor Festival e o Mellor Espazo de Comunicación Musical.
Fálase
As touradas da Coruña xa teñen cartel para este outubro tras o fracaso no concurso de agosto. As facilidades do Concello e a presión do 'lobby' taurino provocan a volta dun espectáculo rexeitado maioritariamente entre a cidadanía e pola que xa se convocou unha manifestación para o vindeiro domingo 5.
O TSXG decide investigar a Paula Prado, deputada e ex voceira do PP, por presuntos delitos de fraude e tráfico de influencias, dos que os maxistrados atopan "indicios" no marco da operación Pokémon. As presuntas irregularidades correspóndense á etapa de Prado como concelleira en Santiago. Máis información, hoxe en Praza.
O Presidente de RTVE presentará mañá a súa dimisión, segundo avanza El Periódico de Catalunya
Miguel Barros será candidato ás primarias de Compromiso por Galicia en Vigo para optar á Alcaldía da cidade. Presentará a súa candidatura cunha rolda de prensa este xoves.
A doutora en Estatística pola USC María Oliveira Pérez recibiu o premio John Chambers Statistical Software, un dos galardóns internacionais máis importantes no seu campo, converténdose na primeira persoa española en gañalo.
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño, denuncia que o seu antecesor no cargo, Antonio Fontenla, deixou un desfase nas contas da patronal galega de entre 700.000 e 800.000 euros, situando a CEG en números vermellos.
Marica Campo gaña o XIII Premio Ramón Piñeiro Facer País. O xurado destacou o seu traballo a prol da lingua galega e a súa loita e militancia "constante" en favor da presenza da muller na vida social, laboral e cultural.
O Celta derrota o Dépor (2-1) no derbi galego. Nolito (3') e Larrivey (71') anotaron para os celestes e Cuenca (54') para os deportivistas. No minuto 88 o porteiro local, Sergio, paroulle a Medunjani un penalti, converténdose no heroe do partido.
Os antiabortistas convocan unha manifestación esta noite ante a sede do PP e consideran "unha traizón" a retirada da contrarreforma que provocou a dimisión de Gallardón.