O Presidente de RTVE presentará mañá a súa dimisión, segundo avanza El Periódico de Catalunya

O Presidente de RTVE presentará mañá a súa dimisión, segundo avanza El Periódico de Catalunya
Miguel Barros será candidato ás primarias de Compromiso por Galicia en Vigo para optar á Alcaldía da cidade. Presentará a súa candidatura cunha rolda de prensa este xoves.
A doutora en Estatística pola USC María Oliveira Pérez recibiu o premio John Chambers Statistical Software, un dos galardóns internacionais máis importantes no seu campo, converténdose na primeira persoa española en gañalo.
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño, denuncia que o seu antecesor no cargo, Antonio Fontenla, deixou un desfase nas contas da patronal galega de entre 700.000 e 800.000 euros, situando a CEG en números vermellos.
Marica Campo gaña o XIII Premio Ramón Piñeiro Facer País. O xurado destacou o seu traballo a prol da lingua galega e a súa loita e militancia "constante" en favor da presenza da muller na vida social, laboral e cultural.
O Celta derrota o Dépor (2-1) no derbi galego. Nolito (3') e Larrivey (71') anotaron para os celestes e Cuenca (54') para os deportivistas. No minuto 88 o porteiro local, Sergio, paroulle a Medunjani un penalti, converténdose no heroe do partido.
Os antiabortistas convocan unha manifestación esta noite ante a sede do PP e consideran "unha traizón" a retirada da contrarreforma que provocou a dimisión de Gallardón.
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia pide que a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, compareza no Parlamento para dar conta dos resultados do informe do Índice de Desenvolvemento dos Servizos Sociais, que sitúa Galicia no cuarto posto pola cola do conxunto das comunidades autónomas, cunha nota de 2.85 sobre 10.
Rajoy confirma que retira a contrarreforma da lei do aborto e anuncia unha lei para asegurar que as menores precisen do consentimento paterno para interromper o embarazo. Máis información, hoxe en Praza.
O Tribunal Superior de Balears declara nulo o decreto do plurilingüismo no ensino que se basea na norma aplicada pola Xunta de Feijóo en Galicia. En Praza falamos cos docentes contrarios á norma no inicio das súas mobilizacións.