La Información publica a lista dos alcaldes e alcaldesas que terán que rebaixar o seu salario por cobrar máis ca o presidente do Goberno central.
Fálase
Facua denuncia que Pilar Farjas lle advertiu esta semana que o procedemento administrativo para a ilegalización da asociación "segue o seu curso". Farjas, secretaria xeral de Sanidade e Consumo, acúsaa de "montar bronca nos medios de comunicación". O Ministerio segue moi molesto polas criticas de Facua aos recortes en educación e sanidade.
O patrimonio de Nupel, a empresa de Lugo que presuntamente estaba no centro da trama Campeón, foi poxado por apenas o 10% do seu valor. Cóntao El País.
O Goberno central prevé implantar o repagamento en 300 fármacos que se prescriben nos hospitais pero que os doentes consomen nos seus domicilios. Adiántao a Cadena SER.
CiU e ERC achegan posturas de cara a un pacto de goberno. Os republicanos arráncanlle a Mas un xiro fiscal que permita reducir os recortes nun 25 e un imposto sobre as vivendas baleiras e o incremento do imposto de patrimonio
O temporal está a deixar numerosas incidencias en toda Galicia, con ventos moi intensos e chuvias fortes. Meteogalicia ofrece detalles do adverso meteorolóxico e da alerta, que se relaxará contra a tarde.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público concéntrase esta noite en varias localidades galegas en contra da reforma educativa do ministro Wert.
A Xunta informa de que mañá haberá clases en toda Galicia malia ao temporal. Educación só suprime as actividades no exterior.
O ex inspector naval que acudiu ao Prestige acusa o capitán de sabotear o buque. Serafín Díaz cre que o obxectivo de Mangouras era "embarrancar" o barco na costa.
O Goberno central estuda publicar unha lista cos maiores defraudadores fiscais do Estado. Cóntao a Cadena SER