TVE presenta os datos do paro nun gráfico no que 4,4 está por baixo de 4,1. Recólleo El Diario
Fálase
O PP pretende que se multe por usar a estelada en edificios públicos. Os populares propoñen unha sanción de 6.000 euros por colgar a bandeira independentista catalá.
A convención que o PP celebra dende hoxe inclúe charlas dos responsables de Google, Twitter e Facebook en España e obradoiros de intelixencia emocional. Nela, Feijóo intervirá nunha palestra co ministro de Xustiza e Rafael Hernando sobre a "vixencia da Constitución" . Os conservadores amosan o programa completo na súa web
O ex presidente de Sogama admite que sabía que o seu bufete se presentaba ao contrato do CETAL polo que tivo que dimitir. Dio nunha entrevista en La Voz
Tsipras promete a vitoria e a fin dos recortes sociais en Grecia na recta final da campaña electoral. Cóntao El Diario dende Atenas
Bárcenas sae do cárcere asegurando que lle fixo caso ás mensaxes de Rajoy e foi "forte" e ratificando que o PP tiña unha contabilidade B. TVE cortou a emisión das declaracións do ex tesoureiro cando comezou a referirse aos cartos negros do partido, segundo recolle El Mundo
O PP de Ourense esixe que o seu ex tesoureiro se "retracte" das acusacións de financiamento irregular, polas que a xuíza De Lara investiga 24 dos seus membros. Cóntao El País
Draghi anuncia un plan de compra de débeda de 60.000 millóns mensuais ata setembro de 2016.
WhatsApp estrea versión para o ordenador. Mallandroid explica os detalles do formato web do popular servizo de mensaxes instantáneas, dispoñible dende hoxe.
Galicia perdeu 1.287 investigadores e investigadoras entre 2009 e 2013 polo recorte en I+D, segundo os datos oficiais publicados polo INE. En 2008 Galicia era a sétima comunidade autónoma que máis investía en investigación; hoxe é a undécima.