O Goberno recorta un 33% as achegas aos sindicatos. O Executivo diminúe en 8,5 millóns de euros a cantidade, ata chegar aos 17,3 millóns, segundo o proxecto de Lei de Orzamentos do Estado para 2012.
O Goberno recorta un 33% as achegas aos sindicatos. O Executivo diminúe en 8,5 millóns de euros a cantidade, ata chegar aos 17,3 millóns, segundo o proxecto de Lei de Orzamentos do Estado para 2012.
Un neno holandés, premiado pola súa proposta para que Grecia saia do euro. Jurre Hermans, un cativo de once anos, logrou unha mención especial no Premio Wolfson de Economía, o segundo mellor en efectivo para un economista tras o Nobel, pola súa idea, na que emprega unha pizza como exemplo.
O duro Orzamento presentado polo Goberno non calma aos mercados. O Ibex 35 deixouse un 2,09% ao peche da sesión e ampliou o mínimo anual aos 7.660,7 puntos, logo das tensións coa prima de risco, que ascendeu ata os 390 puntos básicos. O selectivo anotouse o menor nivel desde setembro de 2011.
#SOSFragasdoEume A Xunta dá por extinguido o incendio das Fragas do Eume e mantén a estimación de 750 hectáreas queimadas. Consulta aquí o comunicado.
IU anuncia un recurso de inconstitucionalidade contra a amnistía fiscal aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy.
#SOSFragasdoEume A Xunta recupera na portada da súa web un anuncio contra os incendios forestais que lanzara o pasado outubro baixo o lema "non sexas cómplice dun crime"
Conde Roa rexeita caer no "reducionismo" de aclarar se pagou ou non o IVE que presuntamente defraudou e dálle os parabén a El País por telo sacado á luz pública antes de que se lle "notificase" a el. En El País.
Dous de cada tres españois seguiron parte da campaña electoral a través de Internet, principalmente xornais (41%), pero tamén Facebook, Twitter e outras redes sociais (18%), segundo o CIS.
A enquisa do CIS tamén indica que a maioría dos españois apoia que as parellas homosexuais teña o mesmo dereito á adopción que as parellas heterosexuais; só un 25% se amosa radicalmente en contra. De igual xeito, máis da metade dos entrevistados rexeita que o Goberno negocie sobre presos con ETA; só un 25% está a favor. Os españois apostan por pagar máis impostos para ter mellores servizos sociais; só o 15% defende pagar menos impostos.
Só o 30,1% dos españois cre que o PP tería xestionado mellor a crise económica de estar no Goberno antes de novembro, segundo a enquisa do CIS que se vé de facer pública. O 61% dos entrevistados cren que os bancos son "moi" ou "extremadamente" responsables da crise, con porcentaxes inferiores para a crise económica internacional (48%) ou o Goberno español (40%). Con todo, hai un 35% de persoas que creo que a situación económica melorrará despois das elección do 20N, un 38% cre que seguirá igual e un 14% cre que empeorará.