IU anuncia un recurso de inconstitucionalidade contra a amnistía fiscal aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy.
Fálase
#SOSFragasdoEume A Xunta recupera na portada da súa web un anuncio contra os incendios forestais que lanzara o pasado outubro baixo o lema "non sexas cómplice dun crime"
Conde Roa rexeita caer no "reducionismo" de aclarar se pagou ou non o IVE que presuntamente defraudou e dálle os parabén a El País por telo sacado á luz pública antes de que se lle "notificase" a el. En El País.
Dous de cada tres españois seguiron parte da campaña electoral a través de Internet, principalmente xornais (41%), pero tamén Facebook, Twitter e outras redes sociais (18%), segundo o CIS.
A enquisa do CIS tamén indica que a maioría dos españois apoia que as parellas homosexuais teña o mesmo dereito á adopción que as parellas heterosexuais; só un 25% se amosa radicalmente en contra. De igual xeito, máis da metade dos entrevistados rexeita que o Goberno negocie sobre presos con ETA; só un 25% está a favor. Os españois apostan por pagar máis impostos para ter mellores servizos sociais; só o 15% defende pagar menos impostos.
Só o 30,1% dos españois cre que o PP tería xestionado mellor a crise económica de estar no Goberno antes de novembro, segundo a enquisa do CIS que se vé de facer pública. O 61% dos entrevistados cren que os bancos son "moi" ou "extremadamente" responsables da crise, con porcentaxes inferiores para a crise económica internacional (48%) ou o Goberno español (40%). Con todo, hai un 35% de persoas que creo que a situación económica melorrará despois das elección do 20N, un 38% cre que seguirá igual e un 14% cre que empeorará.
Bruxelas pide que os Orzamentos se executen "o antes posible". A Comisión di que tardará "varios días" en concluír a súa avaliación das contas de España para 2012, pero pide que se executen ben cedo para que teñan o maior impacto posible na redución do déficit neste exercicio.
#consellodaxunta Feijóo, sobre a querela contra Conde Roa por presunta fraude fiscal: "Segundo me comunica o interesado non ten ningunha constancia oficial dese asunto e en canto sexa notificado, será o interesado o que faga a valoración que corresponda"
#consellodaxunta #SOSFragasdoEume Feijóo subliña que "a maior parte das árbores" que arderon "son eucaliptos e piñeiros"
#consellodaxunta A Xunta inicia o "seguimento permanente" da situación de seca. "Estamos batendo todos os récords de falta de auga", di Feijóo.