Bruxelas pide que os Orzamentos se executen "o antes posible". A Comisión di que tardará "varios días" en concluír a súa avaliación das contas de España para 2012, pero pide que se executen ben cedo para que teñan o maior impacto posible na redución do déficit neste exercicio.