Persoeiros da cultura destacan o "espírito integrador" de Ramón Piñeiro no centenario do seu nacemento. O presidente da RAG destaca a súa capacidade para "situar" a "problemática" do galego nas súas "coordenadas exactas".

Persoeiros da cultura destacan o "espírito integrador" de Ramón Piñeiro no centenario do seu nacemento. O presidente da RAG destaca a súa capacidade para "situar" a "problemática" do galego nas súas "coordenadas exactas".
O Racing de Ferrol elimina o Reus e segue na loita por ascender a Segunda División. Empatou en Cataluña (1-1) e xogará a seguinte eliminatoria para subir de categoría.
Artur Mas propón un goberno alternativo ao de Ada Colau en Barcelona. O presidente de Generalitat cre que a vitoria de Barcelona en Comú "é un paso atrás" e aposta por unha maioría alternativa para que CiU manteña o poder.
A UE, a piques de desbotar a directiva que amplía a 18 semanas a baixa por maternidade. O Goberno español e o resto de Estados membros atrasan a súa implantación pola actual crise económica.
Un de cada cinco traballadores galegos sofre pobreza laboral e máis de 150.000 cobran menos de 700 euros brutos en 14 pagas.
O Goberno reacciona aos asubíos ao himno español con ameazas de sanción e convoca a Comisión contra a Violencia para o vindeiro luns tras a final da Copa do Rei celebrada no Camp Nou.
A manifestación contra o goberno de Compostela Aberta non chega nin a celebrarse ante a falta de xente. Convocada baixo o lema "Santiago non é comunista", a mobilización fracasa, pero simpatizantes da candidatura cidadá levan a cabo outra de maneira humorística e irónica.
O Marianne, que abre unha nova frota da liberdade cara a Gaza, chega xa a Bueu. Pódese seguir aquí o seu atraque en Galicia. Máis información, hoxe en Praza.
Críticos de Podemos apostan pola confluencia coas Mareas sen condicións e insisten na aposta por crear un amplo espazo de confluencia, unha porta que tamén abriu Pablo Iglesias ao recoñecer as "particularidades" do "ecosistema político galego".
Os EUA anuncian a saída de Cuba da lista de patrocinadores do terrorismo. O país formaba parte desta listaxe desde 1992 e a decisión abre a porta á inmediata apertura de embaixadas.