CCOO e UGT realizarán nove manifestacións en Galicia o 1º de Maio. Cualifican de "escalofriantes" as cifras de desemprego. "Nos últimos anos, por cada décima que diminuíu o déficit o paro aumentou máis dun punto", din.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5178f5d405836-uxt.jpg)
CCOO e UGT realizarán nove manifestacións en Galicia o 1º de Maio. Cualifican de "escalofriantes" as cifras de desemprego. "Nos últimos anos, por cada décima que diminuíu o déficit o paro aumentou máis dun punto", din.
Balbina Gándara encabezará a única lista na Asemblea Nacional da Mocidade Nacionalista Galega (MNG), que se celebra esta fin de semana. O secretario xeral saínte, Paulo Carlos López, pecha simbolicamente a lista de suplentes.
Yolanda Díaz critica a "actitude macarra" de Feijóo no Parlamento e lembra que non respondeu ás preguntas sobre a súa relación con Dorado. "O presidente da Xunta debe ser unha persoa seria", di.
A Universidade da Coruña saca as aulas á rúa para protestar contra os recortes e defender o ensino público. Profesores imparten clases aos alumnos nas prazas da cidade.
A Xunta cesa a Ángel del Real como presidente do Porto de Ferrol. A Del Real, que foi capitán marítimo da Coruña durante a crise do Prestige, atribúenselle discrepancias co Concello ferrolán, que tamén goberna o PP.
O paro aumentou no primeiro trimestre en 237.400 persoas en España e supera por vez primeira os seis millóns, 6.202.700, un 27,16%. En Galicia hai dez mil desempregados máis, 287 mil, e 17.400 ocupados menos.
Unha manifestación en Ferrol denuncia os recortes en servizos sociais e Benestar
O alcalde do Valadouro, o popular José Manuel Lamela, non supera unha moción de confianza. PSOE, Udival e BNG teñen un mes para poñerse de acordo e escoller un novo alcalde
Un xulgado abre dilixencias penais contra Francisco Vázquez pola súa xestión en Someso. O xuíz investiga o desenvolvemento urbanístico do recinto feiral a raíz da denuncia interposta por un ex concelleiro do PSOE
O FROB asegura que a arbitraxe en NCG está "próxima" a rematar. O Fondo asegurara que a metade dos afectados podería acudir á mediación