O Parlamento aproba por unanimidade a ILP Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa. Máis información, esta tarde en Praza.
Fálase
A rede de colectivos contra a minaría destrutiva ContraMINAcción denunciou a empresa Cementos Cosmos por reiniciar actividades na mina a ceo aberto en Vilavella (Triacastela) o pasado sábado, saltando a orde de paralización de actividades por carecer de licenza urbanística que existe desde setembro. ADEGA, a Asociación sociocultural O Iribio e Asociación veciñal Monte Caldeirón denunciaron hai dous anos que Cosmos ocupou ilegalmente un monte comunal no lugar, moi próximo á Cova Eirós.
A Policía cerca a protesta de cargos públicos contra o canon de Sogama e empurra o grupo de manifestantes. Cando se dispón a chegar ao Parlamento a mobilización da flota do cerco, o BNG denuncia que a deputada Tereixa Paz foi "golpeada" polos axentes e o seu portavoz nacional, Xavier Vence, foi empurrado. (foto: @blasgarcia)
Alcaldes e edís de múltiples puntos de Galicia maniféstanse a esta hora diante do Parlamento para rexeitar a suba do canon de Sogama (foto: Anova)
O PP veta a creación dunha comisión de investigación sobre o fracaso de Alimentos Lácteos, solicitada por toda a oposición parlamentaria.
Dolores Vilavedra é entrevistada por César Lorenzo Gil en Biosbardia. A profesora salienta que “a literatura galega actual quedou sen líderes de referencia” e que “no mundo das letras imperan o autoengano e a compracencia”
Lourenzo Fernández Prieto confirma que non se presentará ás eleccións a reitor da USC, unha carreira na que polo de agora só concorren Juan Viaño e Antonio López.
A plataforma cidadá Proxecto Cárcere lanza o proxecto Coruña Baleira, no que convidá a enviar fotografías dos espazos en desuso existentes na cidade e que poderían acoller todo tipo de actividades ou mesmo servir como vivenda
A illa de San Simón acolle dende hoxe e até o xoves o MOV-S, un proxecto de reflexión cultural que toma o corpo como punto de partida e que está promovido polo Mercat de las Flors de Catalunya
Os sindicatos manifestáronse no Día da Clase Obreira Galega. A CIG reivindicou en Ferrol, Compostela e Vigo "emprego digno na Galiza" e CCOO, UGT e USTG saíron xuntos á rúa na cidade departamental para "salvar a negociación colectiva e os dereitos laborais".