O grupo Beijing paraliza o investimento no porto exterior da Coruña e Pemex atrasa o inicio das súas operacións.
Fálase
A prensa portuguesa faise eco da toma en consideración polo Parlamento da ILP Valentín Paz Andrade. Por exemplo o Jornal de Notícias titula "Galiza aprovou proposta popular para potenciar utilização do português"
Orozco nega que algunha "empresa ou persoa" o "sobornase", tal e como asegura algunha información, que fala de 2.000 euros ao mes para o alcalde de Lugo. Anuncia que se "querelará" contra quen "faga afirmacións gratuítas".
Este martes presentouse Galiza Ano Cero nas Xornadas sobre economía de guerra Propostas alternativas a industria do audiovisual actual
Gadis presentou esta mañá as bolsas dedicadas a Roberto Vidal Bolaño, nun acto no que participaron Xosé Antonio Perozo ou Belén Quintáns.
A ILP Paz Andrade será tomada en consideración por unanimidade do Parlamento galego
Dorado (PP) defende que a ILP Paz Andrade "en ningún caso se trata de mesturar o galego co portugués"
O deputado do PP e líder das Novas Xeracións, Javier Dorado, sinala que a ILP Valentín Paz Andrade é para "potenciar o portugués como lingua estranxeira en Galicia".
Afectados polas preferentes maniféstanse ante o Concello da Coruña e piden a "devolución íntegra" dos aforros e que a administración local "peche as contas" en Novagalicia. Imaxe de @EUCoruna.
The Independent publicou este domingo unha reportaxe sobre Marinaleda: "O 27% dos españois están no paro. Pero hai unha vila onde todos teñen un emprego"