O Senado da Arxentina tomba a legalización do aborto por 38 votos contra 31. A defensa da reforma, que saíra aprobada do Congreso, foi impulsada por unha enorme mobilización do movemento feminista no país e tamén a nivel internacional.
Fálase
Oliver Añón gaña o XIII Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña coa súa obra Canción para afundir flores no mar
O Festival Intercéltico de Lorient estará dedicado a Galicia en 2019. Así o vén de confirmar a organización do certame, que se está a celebrar na localidade bretoa con abondosa presenza galega.
Detido o narcotraficante Manuel Charlín nunha operación na Arousa e no Salnés na que foron prendidas pola Policía outras 18 persoas e que continúa en marcha. Máis información, hoxe en Praza.gal. (Imaxe: gravación da TVG durante o xuízo da operación Nécora en 1994).
A galega Ana Peleteiro, clasificada para a final de triple salto nos campionatos europeos de atletismo que se están a celebrar en Berlín. Logrouno no primeiro intento tras acadar os 14,27 metros.
O PP ve "difícil" que Pablo Casado poida entregar ao xulgado o ordenador no que realizou os seus traballos universitarios, que el mesmo dixo conservar o pasado abril.
Portugal segue a loitar contra a vaga de incendios. O máis destrutivo é o de Monchique, no Algarve. A RTP mostra a través dun dron os efectos do lume na contorna máis afectada.
Lula da Silva xa volve ser oficialmente candidato do PT á presidencia do Brasil. Líderes do partido visitárono na cadea onde segue encarcerado: "Ele tem um compromisso com o Brasil, por isso é candidato e vai até as últimas consequências com esse propósito", afirman. (Imaxe: PT)
O goberno venezolano prorroga tres meses máis a intervención de Banesco, matriz do grupo propietario de Abanca. O seu presidente, Juan Carlos Escotet, ve "absurda" a medida, iniciada o pasado maio baixo acusación de especulación financeira.
A xuíza conclúe que Pablo Casado conseguiu o seu máster como "prebenda" pola súa "relevancia política". É un dos seus argumentos para solicitar ao Tribunal Supremo que impute o líder do PP. Casado afirma que non recibiu "ningún agasallo".