Chipre abriu os seus bancos con fortes restricións despois de trece días de corralito. Non se poden sacar máis de 300 euros diarios nin cobrar con cheques
Chipre abriu os seus bancos con fortes restricións despois de trece días de corralito. Non se poden sacar máis de 300 euros diarios nin cobrar con cheques
O Supremo de EE UU cuestiona a prohibición do matrimonio gai. Unha maioría de xuíces cuestionan a lei de Defensa do Matrimonio, que o limita á unión dun home e unha muller.
Os alcaldes do BNG amosan a súa solidariedade cos afectados polas preferentes e denuncian a quita aos aforros dos miles de familias galegas estafadas polos bancos. Os rexedores nacionalistas reuníronse este mércores en Compostela e póñense ao dispor dos aforradores para "cantas accións reivindicativas decidan desenvolver".
Os BRICS crean o seu propio banco como alternativa ao FMI. Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica acordaron a creación dun banco propio para estimular o crecemento dos países emerxentes.
A MNG convoca unha concentración antitaurina en Padrón este domingo 31. Protestan contra a decisión do goberno municipal de Padrón de financiar con cartos públicos un espectáculo de tortura animal. Será ás 19 horas fronte a estatua a Rosalía, no paseo do Espolón.
Unha muller intenta suicidarse en Vigo por non cobrar as preferentes. Presentouse na Oficina do Consumidor para reclamar 90.000 euros e tomou varias pastillas. Cóntao La Voz de Galicia.
Unha procesión laica percorre as rúas de Ferrol reclamando carga de traballo para o naval e pedindo a dimisión de Núñez Feijóo. Imaxe de @beatrizsestayod.
Centos de persoas maniféstanse en Xinzo contra a mina de feldespatos que a empresa Minercer pretende levar a cabo en varias parroquias do Concello.
Os afectados polas preferentes obrigan a suspender o pleno de Ponteareas. É o sexto que se paraliza nesta semana por mor das protestas dos aforradores. Imaxe de @A3Galicia.
O xuíz Ruz queda coa investigación do caso Bárcenas. A Audiencia Nacional apoia o criterio da Fiscalía.