Montoro blinda na Axencia Tributaria os inspectores afíns ao PP tras un polémico concurso.
Fálase
Prolingua denuncia graves erros lingüísticos nos carteis municipais das rúas de Bueu e convidan o Concello "a ser máis coidadoso no uso do idioma, reparar eses letreiros e intentar evitar que outros polo estilo ocupen no futuro as rúas e parques da localidade".
O papa négase a viaxar a España en ano electoral. Entre os motivos da negativa de Francisco, con cuxa presenza en Compostela en 2015, desexada pola Xunta, se especulou en varias ocasións, están tamén os escándalos da Igrexa española e a seguridade. Cóntao Jesús Bastante en El Diario
O analista Carlos Neira elabora unha edición especial d'O Mirante co gallo das eleccións gregas do domingo. A análise augura unha vitoria folgada de Syriza. Os escanos da formación de Tsipras sumados aos do KKE lograrían a maioría absoluta.
Bárcenas responde a Cospedal e insiste en que "a caixa B é do PP". O ex tesoureiro dos populares aclara que "non son os papeis de Bárcenas, senón os do Partido Popular, desde o primeiro apuntamento ata o último".
Alberto Garzón será o candidato de IU nas xerais sen primarias. O deputado foi o único candidato que conseguiu os avais necesarios.
TVE presenta os datos do paro nun gráfico no que 4,4 está por baixo de 4,1. Recólleo El Diario
O PP pretende que se multe por usar a estelada en edificios públicos. Os populares propoñen unha sanción de 6.000 euros por colgar a bandeira independentista catalá.
A convención que o PP celebra dende hoxe inclúe charlas dos responsables de Google, Twitter e Facebook en España e obradoiros de intelixencia emocional. Nela, Feijóo intervirá nunha palestra co ministro de Xustiza e Rafael Hernando sobre a "vixencia da Constitución" . Os conservadores amosan o programa completo na súa web
O ex presidente de Sogama admite que sabía que o seu bufete se presentaba ao contrato do CETAL polo que tivo que dimitir. Dio nunha entrevista en La Voz