Un portavoz do Sindicato Unificado de Policía advirte de que os axentes actuarán "con contundencia" contra as mobilizacións convocadas para hoxe en torno ao Congreso dos Deputados. Recólleo La Información
Fálase
#consellodaxunta Feijóo di que a EPA reflicte unha situación de "extraordinaria dificultade" pero salienta que "Galicia segue cun diferencial de cinco puntos por baixo da media" e é a "sexta comunidade con menor incremento" do desemprego.
#consellodaxunta A Xunta autoriza que o AVE pase por 22 hectáreas de montes en man común na provincia de Ourense para "facilitar a execución" da obra.
#consellodaxunta Feijóo anuncia un "plan de recuperación do sapoconcho común"
#consellodaxunta Feijóo anuncia que a Xunta "retoma" a tramitación parlamentaria da lei de inclusión social. Para o Consello Económico e Social esta norma trasládalles ás ONG competencias propias do Goberno galego.
CCOO e UGT realizarán nove manifestacións en Galicia o 1º de Maio. Cualifican de "escalofriantes" as cifras de desemprego. "Nos últimos anos, por cada décima que diminuíu o déficit o paro aumentou máis dun punto", din.
Balbina Gándara encabezará a única lista na Asemblea Nacional da Mocidade Nacionalista Galega (MNG), que se celebra esta fin de semana. O secretario xeral saínte, Paulo Carlos López, pecha simbolicamente a lista de suplentes.
Yolanda Díaz critica a "actitude macarra" de Feijóo no Parlamento e lembra que non respondeu ás preguntas sobre a súa relación con Dorado. "O presidente da Xunta debe ser unha persoa seria", di.
A Universidade da Coruña saca as aulas á rúa para protestar contra os recortes e defender o ensino público. Profesores imparten clases aos alumnos nas prazas da cidade.
A Xunta cesa a Ángel del Real como presidente do Porto de Ferrol. A Del Real, que foi capitán marítimo da Coruña durante a crise do Prestige, atribúenselle discrepancias co Concello ferrolán, que tamén goberna o PP.