A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, defende no Parlamento Europeo "a necesidade de adoptar plans de prevención" para evitar "desastres" como o incendio das Fragas do Eume e amósalle á Cámara imaxes dos efectos do lume

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, defende no Parlamento Europeo "a necesidade de adoptar plans de prevención" para evitar "desastres" como o incendio das Fragas do Eume e amósalle á Cámara imaxes dos efectos do lume
O portal catalán Vilaweb repasa os casos de "censura" de diversas manifestacións sobre a Casa Real nos últimos anos.
Economía defende que os xubilados paguen o 10% dos medicamentos. O secretario de Estado de Economía e Apoio á Empresa, Fernando Jiménez Latorre, aposta por unha reforma sanitaria para "situar o servizo na sostibilidade".
A prima de risco baixa dos 400 puntos ao situarse nos 397,5 puntos básicos, cunha rendabilidade do 5,73%, fronte ao nivel de 415,7 puntos rexistrados na apertura.
Hai un mes Rajoy non era partidario do dobre pagamento na sanidade
Un xulgado de Madrid pon en dúbida a constitucionalidade da reforma laboral. O Xulgado do Social número 30 elevou unha cuestión de inconstitucionalidade ao Tribunal Constitucional ao considerar qeu a norma pode vulnerar algúns aspectos da Carta Magna en relación ao despido.
O xuíz arquiva a investigación a Jaime de Marichalar polo accidente do neto do Rei. Felipe Juan Froilán, de 13 anos, disparouse nun pé ao estar a manipular unha arma. Na Cadena SER.
Este xoves está convocada unha folga estudantil no ensino medio, para "paras os ataques contra o galego". Convocan A Mesa, Comités, Liga Estudantil Galega e Sindicato de Estudantes e apoia Esquerda Unida.
A morosidade do sistema financeiro supera o 8% en febreiro, o nivel máis alto desde outubro de 1994. Supón un aumento respecto a xaneiro (7,91%) e un incremento de case dous puntos se se compara con hai un ano.
Repsol prorroga as caídas na Bolsa. Logo de deixarse onte un 6%, as accións da petroleira ceden hoxe un 2,19%, até os 16,06 euros, o seu nivel máis baixo desde xullo de 2010.